A NOVA IMAXE DA BIBLIOTECA

COS NOSOS MELLORES DESEXOS.

Coa xa tradicional chocolatada con roscón de Reis, comezamos a celebrar a chegada destas festas. Ademais, un concerto a cargo de alumn@s de 4º da ESO e 1º de BAC, a entrega dos premios e accésits aos participantes no certame de relato breve así como a proclamación (tras votación) da que será a mascota da nosa biblioteca, seleccionada entre as propostas polo noso alumnado a través dun concurso coordinado desde o departamente de debuxo e a biblioteca (preme na foto e verás como foi todo isto). Só nos queda manifestar OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O VINDEIRO ANO E FELICES FESTAS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE BECERREÁ.

2º CERTAME DE RELATO BREVE DO NOSO INSTI

PREME AQUÍ, infórmate e participa no 2º certame de relato breve que se convoca desde a biblioteca do noso centro. Non deixes pasar esta oportunidade de probar as túas dotes creativas e ata podes levar un interesante premio. Non o penses máis!

MAGOSTO PASADO POR AUGA

O alumnado de 4º da ESO organizounos un ano máis o magosto, pese a que a chuvia xogou na súa contra. Finalmente, celebrámolo o día 17 de novembro, aínda que esta vez tivemos que facelo a cuberto, e buscando solucións para poder asar as castañas e desenvolver as actividades coas que celebramos esta festa. Igualmente, durante os días previos, organizaron un torneo de fútbol feminino. Se premes sobre a foto podes ver a selección de imaxes colocadas na galería fotográfica da nosa web. Rematamos agradecendo aos alumnos/as de 4º da ESO a súa labor neste día.

EXPOSICIÓN INTERACTIVA PARA CELEBRAR O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 

COMPOÑENTES DOS CLUBS DE LECTURA 2010-11

UN SAÚDO MOI ESPECIAL

Se che contaramos que Adolfo Cabrales Mato, de Bilbao, nos dedica un autógrafo, non che dirá nada. Pero se resulta que este é o verdadeiro nome de Fito, bilbaíno e rockeiro líder do grupo "Fito y Fitipaldis" (e anteriormente de "Platero y Tú"), a cousa cambia!

Pois todo aconteceu despois dun concerto ofrecido polo grupo en Ponferrada e grazas a intermediación dunha profe do centro, que tivo acceso ao camerino tras a actuación (a isto chámaselle ter "enchufe"). Ao contrario que moitas outras “estrelas” do rock, Fito estivo moi cordial e receptivo, e amosouse encantado de dedicarnos un autógrafo coa súa caricatura incorporada. Visto como o fai, se algún día deixa a música sempre lle quedará a oportunidade de dedicarse ao debuxo e a pintura.

E agora que comeza o curso (e boas son as vacacións) , non estaría nada mal facerlle caso á dedicatoria. Benvidos un curso máis ao IES de Becerreá, e iso:  a ser felices!!!

100% DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE 2010

Repetindo o éxito do curso anterior, todos os alumn@s de 2º de BAC do noso centro que acudiron á realización das probas de acceso a Universidade superaron as mesmas. Por esta razón, tod@s os que conformamos a comunidade educativa do IES de Becerreá queremos facer chegar os nosos parabéns a: Ana Asenjo, Noelia Blanco, Ismael Carcedo, Sara Fernández, Alejandro Folgueiras, Nina García, Mónica Gómez, Jonathan Pérez, Ana Qindós, Yolanda Rodríguez, Hugo Santín, Rebeca Santín e Victor Valle. Desexámoslles moita sorte para o futuro e esperamos que os éxitos académicos conseguidos no noso centro non os abandonen na etapa educativa que inicien a partir de agora. A nosa aperta para tod@s.

CONCERTOS PARA DESPEDIR UN CURSO: 14 E 23 DE XUÑO

De novo fin de curso e de novo os concertos de despedida, nos que o alumnado de música nos presenta os resultados de todo un curso. E non por habituais deixan de ser concertos de calidade e entrañables ao mesmo tempo. Preme na foto e verás imaxes das actuación de 2º, 3º, 4º da ESO e 1º de BAC. Bo verán para tod@s.

LUIS "O CARUNCHO" E PINTO DE HERBÓN, DOUS "CRACKS" DA REGUEIFA, IMPARTEN DOCENCIA NO INSTI POR UN DÍA .

Distribuir contido