Información PROXECTO EDIXGAL

INFORMACIÓN PARA DEVOLUCIÓN DOS ORDENADORES E-DIXGAL

AQUÍ atoparás a información relativa ás cuestións relacionadas coa devolución dos ordenadores do proxecto E-Dixgal: quen ten obriga de facelo e cando debe entregalos, quen pode permanecer cos ordenadores durante o período estival, datas límites de entrega ... AQUÍ podes descargar documento a asinar polos responsables d@s alumn@s para a dovolución do ordenador.

Esta documentación foi entregado no centro ao alumnado de 1º e 2º da ESO, para que trasladaran a información ás familias.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O USO DOS ORDENADORES INDIVIDUAIS DO PROXECTO EDIXGAL.

ESTE é o Protocolo de uso do equipamento Edixgal do noso centro, que regula a súa utilización diaria dentro do centro por parte do alumnado e profesorado. Estas normas son de obrigado cumprimento e están especialmente recollidas para salvagardar a integridade do equipamento e evitar reparacións por danos facilmente evitables se tod@s colaboramos na consecución destes obxectivos. Ten especial importancia o capítulo 2 do mesmo, que se refire expresamente ás normas de uso dos ordenadores e ás responsabilidades derivadas.

AQUÍ poderá acceder á información para as familias sobre distintos aspectos do Proxecto Abalar/Edixgal: características do ordenador individual, contidos aos que se accede, seguimento das actividades, condicións da Consellería de Educación, ...

IMPORTANTE: LIBROS DE TEXTO DIXITAIS EN 1º E 2º DA ESO.

O IES de Becerreá foi seleccionado  para participar no Proxecto E-Dixgal  desde o 2017-18. Isto supón que o alumnado ao que se dirixe, de 1º e 2º da ESO, terá libros dixitais e un ordenador persoal á súa disposición, como substitutos do libro de texto tradicional. Cando elaboramos o noso proxecto para participar no proceso de selección dos 30 centros que se escollerían, decidimos que participasen nel todas as materias destes cursos. Así, e aínda que a normativa só esixe un número mínimo de seis materias en cada curso, nós participaremos con once materias en 1º da ESO e con doce en 2º. Isto supón que en ningunha das materias incluídas se precisa adquirir libros de texto. Por esta mesma razón, e segundo a normativa ao respecto, estes dous cursos quedan automaticamente excluídos do fondo solidario de libros de texto, que en ningún caso cubría a todo o alumnado  nin en tal número de materias (seis ou catro, segundo a renda familiar).

Distribuir contido