INFORMACIÓN ABAU

Información moi importante para o alumnado que realizará as probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade.

PONDERACIÓNS DAS MATERIAS ABAU 2024 E HORARIO DAS PROBAS

DESCARGA AQUÍ a táboa que recolle a ponderación das materias para o acceso aos distintos graos universitarios.

ESTE é o horario das probas establecido para a convocatoria ordinaria.

CALENDARIO ABAU 2023 E PREMATRÍCULA NA PROBA

DESCARGA AQUÍ  o calendario que recolle desde a entrega de boletíns para 2º de Bac, a prematrícula no centro para os exames da ABAU, así como as datas máis importantes de todo o proceso, tanto para a convocatoria ordinaria como extraordinaria.

IMPRESOS PARA MATRÍCULA ABAU E PAGO DAS TAXAS DA PROBA

Deixamos á túa disposición o impreso de matrícula e o xustificante de pago das taxas da proba para que o cumprimentes e o vaias enviando ao centro, a través do noso correo electrónico (ies.becerrea@edu.xunta.gal). Despois de envialo, procederás a asinalo o día sinalado para a prematrícula no centro (19-05-2023).

- IMPRESO MATRÍCULA ABAU 23

- XUSTIFICANTE PAGAMENTO TAXAS ABAU 23 (lembra que o pago pode facerse a través da aplicación informática NERTA - ver información dispoñible no apartado correspondente desta mesma sección da páxina do centro).
 

FUNCIONAMENTO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA "NERTA". INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO.

DESCARGA AQUÍ as instrucións dirixidas ao alumnado que se examina na ABAU para que coñeza o funcionamento da aplicación informática a través da que se xestiona parte do proceso das probas e se comunica co alumnado para o coñecemento das cualificacións, proceso de reclamación, de reserva de prazas universitarias, ...

ABOAMENTO TELEMÁTICO DAS TAXAS DA ABAU A TRAVÉS DA APLICACIÓN NERTA

Todo o alumnado que se matricule na ABAU poderá facer o aboamento das taxas de forma telemática (mediante tarxeta bancaria)... ou de forma presencial en Abanca. Se optas pola vía telemática, DESCARGA AQUÍ as instrucións para  a súa realización.

INSTRUCIÓNS IMPORTANTES SOBRE DISTINTOS ASPECTOS DAS PROBAS 2023

PREME AQUÍ para coñecer as instrucións básicas que establece a CIUG respecto á presentación o día das probas, erros na matrícula, distintos aspectos da realización dos exames, material permitido e non permitido nas probas, ... AQUÍ podes descargar información sobre cualificacións e os procedementos de reclamacións ás mesmas.

HORARIO EXAMES ABAU 2024

ESTE é o horario no que se realizarán os exames da convocatoria ordinaria da ABAU 2024.

NOVOS TÍTULOS DE GRAO E GRAOS ABERTOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

PREME AQUÍ para obter información sobre os tres novos títulos de grao incorporados ao Sistema Universitario Galego, así como da creación dos tres primeiros graos abertos en Galicia.

VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A ABAU

Aquí tes o víde creado pola CIUG para explicar ao alumnado cuestións básicas sobre a realización das probas de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A ABAU E O ACCESO A GRAOS UNIVERSITARIOS

A Comisión Interuniversitaria de Galicia vén de publicar na súa páxina web https://ciug.gal unha escolma das preguntas máis frecuentes formuladas desde os centro educativos nos últimos anos. Trátase deste xeito de dar resposta a múltiples preguntas tanto sobre as propias probas como sobre o proceso de acceso á universidade para as tres universidades galegas. Esta escolma está dividida en dous apartados: PREMENDO AQUÍ verás as preguntas relacionadas coa ABAU e AQUÍ as que fan referencia ao acceso a graos.

Distribuir contido