Información XERAL

INFORMACIÓN SOBRE "FONDO SOLIDARIO" LIBROS TEXTO 19/20 E AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

PREME AQUÍ para descargar a nota informativa sobre o "fondo solidario" de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, que recolle o máis salientable sobre os procedementos de solicitude, e AQUÍ para descargar a Orde que as regula (publicada no DOG o luns 20 de maio)

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS "STEM" EN LINGUA INGLESA ("STEMWEEK")

DESCARGA AQUÍ a orde que regula o procedemento de solicitude de axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, e que contén toda a información precisa sobre esta cuestión. Esta solicitude debe ser realizada polas familias, preferentemente por medios electrónicos. As axudas e actividades están dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO e o prazo de presentación da solicitude abarca do 30 de abril ao 30 de maio.

INFORMACIÓN SOBRE PROCESO DE RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20

Na "Secretaría Virtual" desta páxina web está dispoñible información e documentación sobre estes dous procesos.

COMO DESCARGAR E UTILIZAR A APLICACIÓN "abalarMóbil" PARA AS FAMILIAS.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fill@s (incluídas as notas) a través do teléfono móbil  ou tableta dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

PREME AQUÍ para ver a guía publicada pola Consellería de Educación para descarga e aproveitamento da aplicación. E AQUÍ para ver o vídeo explicativo deste proceso.

GUÍA DO CURSO 2018-19 PARA AS FAMILIAS

Esta é a pequena guía do curso que contén información básica, de utilidade para as familias, sobre diversos aspectos do funcionamento do centro e sobre outras cuesitións relativas ao grupo do que forme parte o seu fillo/a. Está especialmente deseñada para os cursos da ESO, aínda que é de aproveitamento para todo o alumnado. Esta información complétase coa que se vai ofrecendo desde este mesmo sitio web ao longo do curso.

HORARIOS DE GRUPOS 18-19

CONSULTA AQUÍ os horarios dos grupos para o curso 2018-2019, coa materia ou materias correspondente a cada período e o nome do profesor/a que  a imparte.

CALENDARIO ESCOLAR DO IES DE BECERREÁ 2018-19

ESTE É O CALENDARIO ESCOLAR do presente curso, para coñecer ao detalle datas das avaliacións, xornadas non lectivas, efemérides, ...

HORARIO DO PROFESORADO PARA A ATENCIÓN DAS FAMILIAS 2018-19

Este é o plano completo que recolle o horario de todo o profesorado do centro para a atención ás familias. Recórdase que é importante avisarnos cuns días de antelación, se é posible, para asegurarnos a posibilidade de poder recibir ás familias que o soliciten na data que se prentende.

NOVA NORMATIVA SOBRE AS AVALIACIÓNS FINAIS DE BACHARELATO E ESO

DESCARGA AQUÍ o Real Decreto-lei que regula, desde decembro de 2016, as avaliacións finais do Bacharelato e da ESO. No caso do Bacharelato, está avaliación final de etapa só será válida para o acceso aos estudos universitarios de grao, e xa non é precisa para acadar a titulación nesta etapa. Con respecto á da ESO, esta xa non ten valor académico (no se realizará para obter o título de graduado en ESO) e só terá valor diagnóstico, sendo realizada polos centros que cada ano se seleccionen.

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO DO IES DE BECERREÁ

PREME AQUÍ para descargar o noso Proxecto Educativo (PEC), que define o noso modelo organizativo e pedagóxico. Este documento tamén recolle importantes aspectos normativos académicos sobre a ESO e o BAC que serán do teu interese.

 

 

Distribuir contido