PRESENTACIÓNS:
COMEZO DAS CLASES:
IMPORTANTE (USARIOS COMEDOR): está publicada no taboleiro de anuncios do IES de Becerreá a listaxe de usuarios admitidos no comedor escolar para o curso 2024-2025. IMPORTANTE (USUARIOS TRANSPORTE): o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade desde o 11 de setembro de 2024 (día de comezo das clases). Todas as paradas solicitadas están concedidas. |
|||
|
|||
Este é o vídeo que recolle o acto desenvolto para entrega do premio ao colectivo feminino de pandereteiras "Son de Cores". AQUÍ tes tamén outra información sobre o acto. |
|||
ESTE É O CALENDARIO no que se recollen as datas preferentes de matrícula para o vindeiro curso 24-25, período que abrangue desde o 25 de xuño (o 24 é festivo local en Becerreá) ata o luns 8 de xullo (incluídos). Prégase que se respecten estas datas preferentes para facilitar a tarefa de xestión das matrículas o dos servizos complementarios (transporte e comedor). A documentación necesaria para a matrícula será entregada previamente ao alumnado, pero, se fora necesario por calquera razón, tamén dispoñen dela na "secretaría virtual" da nosa páxina web. |
|||
Por segunda vez nestes encontros deportivos e de convivencia no que participa alumnado da ESO da Montaña Lucense, e que se desenvolven ao abeiro do programa "Xogade", tivo lugar este torneo de baloncesto 3x3 no polideportivo municipal de Becerreá. Coma sempre, participaron alumnas e alumnos dos centros de San Román, Courel, Navia, Pedrafita e Becerreá (de 4º da ESO no noso caso). Igual que na edición pasada, e co obxectivo de aumentar a orientación convivencial e lúdica desta actividade, mesturouse alumnado dos distintos centros en todos os equipos, tanto na categoría feminina como masculina. AQUÍquedan as imaxes que reflicten o ambiente do encontro. Vémonos no seguinte! |
|||
|
|||
49 alumnas e alumnos que participaron este curso nos distintos clubs de lectura do centro asistiron a unha viaxe organizada desde a biblioteca escolar. Unha viaxe en barco pola Ría de Ribadeo e a visita á Praia das Catedrais (con algún inesperado chapuzón incluído), e a outras da costa lucense, conformaron os actos centrais desta excursión para este grupo de lectoras e lectores dos distintos grupos da ESO. PREME AQUÍ se queres ver algunhas imaxes da viaxe. |
|||
Cun mes de maio repleto de actividades complementarias para o noso alumnado, aquí che deixamos imaxes destas catro actividades desenvoltas nestas semanas. AQUÍ están as fotos sobre a exposición e charla que explicaba a creación do cómic titulado O PASO DO NOROESTE, debuxado polo ilustrador viveirense Primitivo Marcos, e que se complementaba cunha segunda charla que levaba por título "Contar debuxando (banda deseñada, ilustración e Castelao)". IMAXES do Quiz sobre a vila de Becerreá. Alumnado da ESO e Bacharelato puxo a proba o seu coñecemento sobre a comarca, pero empregando a lingua inglesa, cun formato moi interactivo e participativo: o concurso de preguntas trivial. O mellor foron os goodies, ou premios que recibiron os / as gañadores e participantes neste singular concurso. |
|||
Alumnado da materia de Bioloxía de 1º da ESO e de Física e Química de 2º acudiron á localidade berciana para visitar o Pozo Julia, onde recibiron información sobre a actividade mineira e puideron coñecer as instalacións dun pozo. Ademais, visitaron outra vella explotación mineira, a Gran Corta, onde puideron observar e estudar fósiles de plantas duns 300 millóns de anos. AQUÍ podes ver as imaxes máis salientables desta interesante xornada. |
|||
|
|||