CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

MARCHA POLA VÍA ROMANA XIX CON OUTROS CENTROS DA COMARCA

Compartindo experiencia con alumnado dos CPI de Navia e de Pedrafita do Cebreiro, o alumnado de 4º da ESO do noso centro realizou o percorrido por esta antiga vía romana o día 11 de maio, desde O Comeal (Pedrafita) ata Doiras (Cervantes), actividade organizada polos departamentos de Educación Física destes centros. Esta experiencia estaba prevista para a primavera do ano 2020, pero só puidemos desenvolvela agora debido á pandemia e ás limitacións que nos impuxo. PREME AQUÍ se queres ver algunhas imaxes desta magnífica xornada de convivencia entre alumnado da Montaña Lucense nun entorno que nos é familiar e que debemos poñer en valor, tanto polo seu pasado histórico como polo seu valor natural e paisaxístico.

ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE BÁDMINTON, COA PARTICIPACIÓN DE 2º DA ESO.

PREME AQUÍ para ver a noticia da prensa sobre este encontro deportivo e de convivencia, e AQUÍ para poder ver algunhas imaxes do noso alumnado participante.

ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE BÁDMINTON, COA PARTICIPACIÓN DE 2º DA ESO.

MOBILIZACIÓN CONTRA A PERDA DE DEREITOS EDUCATIVOS NO ENSINO DA COMARCA E NO NOSO CENTRO.

AQUÍ podes ver como se reflicte na prensa a mobilización levada a cabo na vila de Becerreá o martes 3 de maio, organizada pola ANPA do IES de Becerreá e na que participaron e interviron comunidades educativas doutros centros da nosa contorna, tamén afectados por esta situación, ademais de alumnado do centro e representantes políticos e sindicais. Neste artigo recóllense intervencións de profesorado do noso centro e de representantes de FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo). PREME AQUÍ para ver algunhas imaxes do evento.

O ALUMNADO DE 3º DA ESO PARTICIPA NO "IV CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA"

AQUÍ podes ver algunhas das imaxes desta xuntanza do congreso escolar, e na parte inferior podes acceder ao vídeo presentado para a presente edición polo noso alumnado de 3º da ESO.

ALUMNADO DE 2º DA ESO ACADA O PRIMEIRO POSTO NUN CONCURSO DE RELATO CURTO.

Alumnado deste curso acadou o premio a mellor traballo no concurso de relato curto colaborativo convocado pola Fundación Coca Cola, traballo que foi seleccionado entre os 230 relatos de toda España que se entregaron para o concurso. Felicitamos ao grupo de alumnos e alumnas, e ao profesor de Lingua Castelá, Félix, coordinador da actividade.

PREME AQUÍ para obter máis información sobre este galardón. AQUÍ podes ler o traballo gañador, titulado "Escape",  e estes son o VÍDEO e as IMAXES da experiencia desenvolta na biblioteca do centro cos autores e autoras do texto, como premio polo seu logro.

ALUMNADO DE 2º DE BAC PARTICIPA NO CONCURSO DA USC "PETISCOS DE CIENCIA"

E VOLVEU O ENTROIDO AO IES DE BECERREÁ.

Era unha celebración histórica, despois dunha pandemia que limitou tanto (e aínda limita) a vida escolar á que estabamos habituados. O excelente traballo organizativo deu como resultado unha altísima participación, con algunha parella e moitas comparsas compostas por un número elevado de participantes en moitos casos. Nalgunha delas xuntáronse alumnado e profesorado para desenvolver representacións moi orixinais. Aquí queda o vídeo que o reflicte.

RESERVA DE PRAZA NO IES DE BECERREÁ PARA O CURSO 22-23

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022/23, destinado o alumnado que, procedente doutros centros, queira estudar o Bac no noso centro, ou tamén para aquel alumnado que queira estudar a ESO e cambie de centro, ou que queira matricularse no primeiro curso desta etapa sen pertencer aos dous colexios de Primaria adscritos ao noso centro (CEIP San Xoán e CEIP As Nogais). PREME AQUÍ para obter máis información. O formulario de solicitude está dispoñible na nosa "secretaría virtual", nesta mesma páxina.

AS REIVINDICACIÓNS CONTRA OS RECORTES EDUCATIVOS AGORA TAMÉN NAS ONDAS DE RADIO.

PREME AQUÍ para coñecer unha nova experiencia desenvolta no IES de Becerreá, que dá continuidade ás  reivindicacións comarcais contra os recortes educativos. Coa colaboración inestimable da asociación AGARESO, puidemos gravar un programa de radio para tratar esta cuestión e dar voz ás comunidades educativos de distintos centros da comarca. AQUÍ PODES ESCOITAR O PROGRAMA  e as intervencións do profesorado, familias e alumnado do IES de Becerreá e do CEIP de Cervantes.

Distribuir contido