A BIBLIO DO CENTRO COMEZA A SÚA ANDAINA DE NOVO.

Podes consultar na conta de Instragram da biblioteca como se desenvolveu o acto que sinalaba a apertura "oficial" da biblioteca neste curso 23-24.

O PROXECTO TRANSVERSAL "BECERREÁ NO TEMPO" DURANTE O O CURSO 22-23

Durante o curso que agora remata púxose en marcha o proxecto transversal "Becerreá no tempo". A última actividade realizada tivo lugar o venres 23 de xuño, para levar a cabo o primeiro "City tour" da vila. Nesta iniciativa desenvolta durante o curso participou activamente o alumnado e 4º de ESO. PREME AQUÍ para coñecer o éxito e os detalles desta última actividade do programa por este curso. O desenvolvemento de novas fases do proxecto terá lugar no vindeiro curso 23-24.

VII PREMIO IES BECERREÁ Á DIFUSIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA NOS ANCARES

Premio outorgado este ano á Asociación Cultural Os Xardois e á actriz barallense, e exalumna do centro, Carmen Méndez Lamas. INFÓRMATE AQUÍ dos detalles, e tamén podes ver estas FOTOS do acto, ademas do vídeo que insertamos aquí.

IGNACIO CABARCOS, PROFESOR DO CENTRO, PUBLICA DOUS ARTIGOS SOBRE A VÍA ROMANA XIX

O profesor de Historia do noso centro vén de publicar dous artigos sobre a Vía Romana XIX, no seu tramo polas terras dos Ancares, na revista "LVCENSIA", a cuxo Consello de Redacción lle agradecemos que nos permita compartir aquí os dous traballos. 

O primeiro deles, que podes desacargar AQUÍ, é o titulado "A pervivencia da vía romana XIX na Idade Media e a vertebración da Terra de Cervantes",  publicouse en Lucensia, Miscelánea de Cultura e Investigación, nº 64 (vol. XXXII, Lugo 2022, pp. 171-194). 

ENCONTRO ESCOLAR COMARCAL DE BALONCESTO 3X3

Por primeira vez nestes encontros deportivos e convivencias no que participa alumnado da ESO da Montaña Lucense, e que se desenvolven ao abeiro do programa "Xogade", tivo lugar este torneo de baloncesto 3x3 no polideportivo municipal de Becerreá, no que participaron, como é habitual, alumnas e alumnos dos centros de San Román, Courel, Navia, Pedrafita e Becerreá (de 3º e 4º, no noso caso). Para aumentar a orientación convivencial e lúdica desta actividade mesturouse alumnado dos distintos centros en todos os equipos, tanto na categoría feminina como masculina. AQUÍ quedan as imaxes que reflicten o ambiente do encontro. Era o primeiro, pero tendo en conta o resultado, haberá máis torneos de baloncesto con esta fórmula. Vémonos no seguinte!

ENCONTRO ESCOLAR COMARCAL DE BALONCESTO 3X3

CONCERTO "MÚSICA E MEMES" NO IES DE BECERREÁ

AQUÍ tes toda a información, incluíndo imaxes e vídeo, deste peculiar concerto desenvolto no noso centro, patrocinado pola Deputación de Lugo.

ACTIVIDADES DESENVOLTAS RECENTEMENTE POLO EDL DO CENTRO

Premendo nos títulos das últimas actividades desenvoltas no centro coa coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Becerreá, poderás coñecer en que consistiu cada unha delas:

- LETRAS GALEGAS

- CORRELINGUA 2023

ACTIVIDADES DESENVOLTAS DESDE A BIBLIOTECA

Aquí quedan enlaces onde podes ver cales foron as últimas actividades e proxectos interdisciplinares desenvoltos desde a biblioteca do centro:

- BECERREÁ NO TEMPO.

- RUTA INTERPRETATIVA DAS CASAS ANTIGAS DE BECERREÁ.

- EXCURSIÓN DO ALUMNADO PARTICIPANTE NOS CLUBS DE LECTURA.

ANDAINA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta actividade, organizada polo Departamento de Relixión e de Educación Física, contou coa participación do alumnado de 3º d 4º da ESO, e desenvolveuse entre a localidade de Peruscallo e a de Portomarín, cuns 14 kms de percorrido. O noso alumnado tivo a oportunidade non só de coñecer o tramo e as paisaxes polas que transcorre esta etapa do Camiño de Santiago, senón que moitos e moitas tamén aproveitaron para compartir tramos de marcha e conversas, algunhas en inglés cando a situación o requiría, con outros peregrinos/as que ese día realizaban a ruta. Despois dun descanso en Mercadoiro, chegamos ao destino para comer e descansar, antes de ser atendidos con moita amabilidade por Mario e Jesús, dous bos coñecedores da historia da súa vila que nos acompañaron para explicarnos a historia, e tamén a intrahistoria, máis recente da antiga vila anegada e do actual Portomarín, despois do seu traslado por mor da construción do embalse de Belesar. O noso agradecemento a eles polas atencións prestadas e os parabéns para o alumnado participante pola súa actitude responsable durante toda a xornada. FOTOS

ANDAINA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

PARTICIPACIÓN NO "CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE NA RESERVA NATURAL DOS ANCARES"

Alumnado das materias do Departamento de Economía participou nesta actividade, organizada desde a Deputación de Lugo e que contou con Jorge Fente como relator e coordinador do evento. Nunha primeira parte do campus, desenvolveuse un relatorio técnico no noso centro no que participou todo o alumnado da ESO e Bac das materias de dito departamento. A semana seguinte, o alumnado de materia de Economía de 4º da ESO e de 1º de Bac (que aparecen na foto) visitaron un par de emprendementos que se desenvolven dentro da Reserva Natural dos Ancares.  En concreto, acudiron a Piornedo para coñecer o proxecto que desenvolve a Cooperativa A Carqueixa e posteriormente achegáronse ata Navia para visitar as instalacións da "Casa Quiñones" e coñecer os detalles da súa actividade emprendedora no eido do turismo rural. AQUÍ podes ver todas as fotos do relatorio e vistas.

PARTICIPACIÓN NO "CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE NA RESERVA NATURAL DOS ANCARES"
Distribuir contido