O IES DE BECERREÁ PREMIA AO DIRECTOR DE CINE OLIVER LAXE, NA VI EDICIÓN DO PREMIO Á PROMOCIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA.

O IES DE BECERREÁ PREMIA AO DIRECTOR DE CINE OLIVER LAXE, NA VI EDICIÓN DO PREMIO Á PROMOCIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA.

AQUÍ se recolle toda a información (que inclúe vídeo e imaxes) sobre o premio e o acto de entrega do galardón (a "Rebola de madeira") ao director de cine Oliver Laxe, pola súa promoción da lingua galega e da cultura ancaresa na súa última película "O que arde", premiada no Festival de Cannes recentemente. Ademais, unha das esceas da película foi filmada no noso centro, en marzo de 2018.

O IES DE BECERREÁ PREMIADO DE NOVO NA "ESCOLA DE PRENSA" DO DIARIO "EL PROGRESO".

AQUÍ tes toda a información sobre o premio acadado nesta terceira edición da "Escola de Prensa", na que o centro participa desde o seu comezo e na que obtivemos distintos galardóns nas edicións anteriores.

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ PREMIADO NO PROGRAMA "ATRÉVETE".

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ PREMIADO NO PROGRAMA "ATRÉVETE".

O alumnado de 2º da ESO do centro participou durante este curso no programa "Atrévete", coordinado polo departamento de Orientación. Como punto final, dous destes alumnos e alumnas, Ainara e Aaron, presentaron un proxecto individual, resultando premiado Aaron, galardón que foi entregado pola Conselleira de Educación o 17 de xuño en Santiago de Compostela, acto ao que acudirá todo o grupo de 2º da ESO ademais do alumno premiado, como recompensa ao traballo desenvolto (preme AQUÍ para ter máis información sobre o acto).

A ESCRITORA MARICA CAMPO VISITOU O IES DE BECERREÁ

INFÓRMATE AQUÍ dos detalles da súa visita e do acto desenvolto, do que ademais poderás ver imaxes.

ÉXITO DOS EQUIPOS DE DEBATE DO IES DE BECERREÁ E DE ANTIGOS ALUMN@S DO CENTRO NA FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE 19

Os dous equipos do IES de Becerreá (un na categoría da ESO e outro na de BAC) clasificados para a fase final desta edición do Parlamento Xove realizaron un brillante papel na mesma. Nos dous casos, acadaron as semifinais do concurso durante os debates que se celebraron o venres 3 e sábado 4 de maio, na sede do Parlamento de Galicia. Aínda que este ano non houbo vitoria, o resultado e magnífico pola regularidade nos resultados amosada ata o momento polos nosos equipos, o que referenda a calidade do esforzo realizado e da formación recibida para acadalos.

Ademais, durante estas dúas xornadas, celebrouse a primeira edición deste concurso de debate para alumando universitario, no que resultaron vencedores dous antigos alumnos do centro, Marcos Vilela e Pablo Montaña, ambos os dous estudantes na Facultade de Matemáticas de Santiago e con experiencia no concurso durante a súa etapa no centro (no caso de Marcos, con vitoria incluída).

PARTICIPACIÓN NO "CORRELINGUA 2019"

PREME AQUÍ para informarte, desdo o blog do EDL do centro, do que aconteceu nesta celebración, á que acudiu o alumnado de 4º da ESO.

IV ENCONTRO COMARCAL DE HOCKEY EN LIÑA

IV ENCONTRO COMARCAL DE HOCKEY EN LIÑA

Unha primevera máis acudimos a San Román de Cervantes para celebrar este encontro, no que participamos xunto cos CPI de Cervantes, Courel, Pedrafita e Navia. O noso alumnado de 4º da ESO participou na categoría masculina e feminina. Nesta última, axudadas por dúas compañeiras de Navia, para poder formar equipo, xa que este curso só catro alumnas forman parte do grupo.

Coma sempre, foi unha magnífica xornada de convivencia para os/as que acudimos, pero botamos de menos a J. Antonio, ao que unha apendicite impediu acudir, pero para que  todos e todas poidades ver como nos foi, aquí quedan estas FOTOS.

O IES DE BECERREÁ PARTICIPA NAS "I XORNADAS DE ARQUEOLOXÍA E HISTORIA DOS ANCARES"

O IES DE BECERREÁ PARTICIPA NAS "I XORNADAS DE ARQUEOLOXÍA E HISTORIA DOS ANCARES"

Como centro educativio da comarca dos Ancares e debido ao proxecto interdisciplinar que, desde fai un par de cursos, desenvolvemos no IES de Becerreá sobre a Vía Romana XIX, alumnado do centro de 1º de Bac participou cunha pequena charla nesta interesante e atractiva iniciativa divulgativa e cultural. Nela expuxéronse parate do traballo desenvolto nestes dous anos. Se premes na imaxe, podes ver o programa completo e aquí podes ver algunhas IMAXES da intervención do IES de Becerreá.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2018-19

Tes información sobre a convocatoria destes premios no apartado ALUMNADO - INFORMACIÓN ALUMNADO

ALUMNADO DE 1º BAC E 4º ESO ORGANIZAN UNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN PARA RECAUDAR FONDOS

ALUMNADO DE 1º BAC E 4º ESO ORGANIZAN UNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN PARA RECAUDAR FONDOS

Se premes na imaxe, terás toda a información desta carreira de orientación (en formato de laberinto) que o referido alumnado organiza na vila de Becerreá, co obxectivo de racaudar fondos para a súa viaxe de estudos, que se realizará na semana anterior ás vacacións de Semana Santa.

Distribuir contido