Secretaría

IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN

PREME SOBRE A DOCUMENTACIÓN QUE PRECISES da lista inferior e poderás descargar os ficheiros. Se tes algunha dúbida, acude á Secretaría do centro, chama ao teléfono 982 82 82 92/95, ou envíanos un correo a ies.becerrea@edu.xunta.gal e axudarémosche.

-IMPRESOS MATRÍCULA 17-18

- RUTAS DE TRANSPORTE PARA MATRÍCULA 17-18

- AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR.

PREME AQUÍ para coñecer a listaxe provisional de admitidos para a adxudicación de libros de texto do fondo solidario (publicada o día 13 de xullo,tamén dispoñible nos taboleiros do centro para a súa consulta), que inclúe a cantidade de libros que corresponde, por renda, a cada alumno/a. Poderanse formular reclamacións nos dous días seguintes aos da súa publicación. Lémbrase que ata o día 15 de setembro non será posible coñecer a listaxe definitiva, que incluirá xa o título dos libros adxudicados e os libros de adquisición complementaria que o centro deberá comprar para garantir o número de volumes que corresponde a cada alumno ou alumna, segundo a renda per cápita familiar. Están tamén dispoñibles os vales de axudas para adquisición de material escolar correspondentes ás solicitudes admitidas (que non excedan os 5.400 € de renda familiar per cápita). Estes vales só se xeran tras a matrícula do alumnado solicitante (xullo/setembro).

Distribuir contido