VIAXE DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO E 1º DE BAC

O martes 2 de abril este grupo de alumnas e alumnos do noso centro iniciaron a súa viaxe de estudos con destino a Andalucía, pernoctando en Salamanca na primeira xornada, desde onde continuarán ata Sevilla, centro da súa estancia nesa comunidade e desde a que visitarán Córdoba e Granada. Á volta, farán parada en Segovia para despois continuar viaxe ata Becerreá, a onde chegarán o luns 8 pola tarde. Están acompañados polos seus profesores Daniel e Alexandro, así como por Javo, o representante da axencia de viaxes encargada da organización da excursión. A todas e todos lles desexamos a mellor das experiencias e que esta sexa, co tempo, un inesquecible recordo. AQUÍ podes ver algunhas imaxes do grupo.

VIAXE DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO E 1º DE BAC

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ ASISTE AO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE LUGO.

O alumnado de Latín e Grego do IES de Becerreá asistiu á XXIII edición do Festival de Teatro Grecolatino celebrado no auditorio Gustavo Freire en Lugo. Tiveron a oportunidade de ver a famosa traxedia 'Medea' da man da compañía teatral Noite Bohemia e de compartir a experiencia en compañía doutros centros de Galicia. Outra mostra máis de que a cultura clásica está presente no noso día a día!

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ ASISTE AO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE LUGO.

PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.

AQUÍ podes ver algunhas imaxes que reflicten a xornada vivida neste evento deportivo escolar, ao que acudimos todos os anos. Nesta ocasión, tivo a oportunidade de facelo o alumnado de 2º da ESO e a maioría d@s participantes do noso centro completaron o percorrido sen cometer ningún tipo de erro, e tod@s tiveron unha grata experiencia, incluída a convivencia con alumnado doutros centros da provincia.

PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

ENCONTRO COMARCAL DE PIMPÓN ESCOLAR 23-24

Como é costume, celebramos un novo encontro comarcal escolar de pimpón o mércores 21 de febreiro, no que participou o alumnado de Secundaria dos CPI de San Román, Navia, Pedrafita e o Courel, ademais do alumnado de 3º da ESO do noso centro, que ademais actuaron como árbitr@s e coordinadores/as dos encontros en cada mesa. Primeiramente, os xogadores/as dividíronse en tres niveis distintos (segundo coñecemento do xogo) para participar en categoría masculina e feminina. Seguidamente, o imprescindible torneo de dobres, no que participan parellas compostas por alumnado de centros distintos, ademais dalgunha parella composta polo profesorado acompañante. Ao remate da xornada, como é tradición, entrega do trofeos conmemorativos para cada centro participante, en recoñecemento da actitude deste alumnado e da convivencia manifestada ao longo da xornada.Volveremos a xuntarnos o próximo curso, sen falta! AQUÍ podes ver algunhas das imaxes máis salientables da xornada.

ENCONTRO COMARCAL DE PIMPÓN ESCOLAR 23-24

ENTROIDO 2024 NO IES DE BECERREÁ

PREME AQUÍ para ver outras fotos das celebracións.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA: CHARLA SOBRE DELITOS DE ODIO

Esta charla estivo dirixida ao alumnado de 4º da ESO e enmárcase dentro do Plan Director para a Convivencia, que se desenvolve coa participación de expertos da Garda Civil. PREME AQUÍ para ver algunhas imaxes do acto.

 PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA: CHARLA SOBRE DELITOS DE ODIO

CHARLA SOBRE NOMES DE LUGAR E IDENTIDADE GALEGA

Para coñecer os detalles desta conferencia, organizada polo departamento de Latín/Grego para o seu alumnado, PREME AQUÍ.

CANTIGAS DE AMIGO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ

Se queres máis información sobre a actividade, PREME AQUÍ.

AQUÍ  tes todas as cantigas elaboradas.

2ª CONVIVENCIA INTERXERACIONAL NO CENTRO SOCIAL DE BECERREÁ

Por segundo ano consecutivo desenvolveuse unha xornada de convivencia interxeracional entre o alumnado de 3º da ESO e os e as maiores do Concello de Becerreá que acoden regularmente ao Centro Social da vila.  Como no pasdo curso, a experiencia estivo coordinada desde a titoría do grupo e o departamento de Orientación. Xogos de mesa, xogos de adiviñanzas e un chocolate quente con roscón para facer máis doce a tarde foron as actividades centrais desta segunda experiencia entre alumnado do centro e persoas maiores da nosa contorna máis próxima. ESTAS son as imaxes máis destacables da xuntanza.

2ª CONVIVENCIA INTERXERACIONAL NO CENTRO SOCIAL DE BECERREÁ
Distribuir contido