OBRADOIRO DE RADIO NO IES BECERREÁ: "A RADIO ESCOLAR COMO FERRAMENTA DE CAMBIO SOCIAL".

Os cursos de 3º e 4º da ESO participaron neste obradoiro de radio escolar organizado pola "Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social" (AGARESO). A actividade desenvolveuse en dúas xornadas distintas en cada curso, traballando estes por separado debido á situación sanitaria. O alumnado participou na actividade a través de metodoloxías que fomentaban a participación activa dos rapaces e rapazas, creando os contidos que posteriormente se gravaban nas distintas sesións, e que, xirando ao redor da comarca dos Ancares, trataban unha temática social concreta empregando a radio como ferramenta para facelo. Os programas serán emitidos pola emisora local de radio "Radio As Nogais".  Agradecemos a oportunidade que nos brindou AGARESO para poder gozar dunha experiencia tan positiva para o noso alumnado e novidosa no centro, esperando que esta sexa a primeira de futuras colaboracións. AQUÍ quedan algunhas fotos dos e das protagonistas deste obradoiro.

OBRADOIRO POÉTICO NO IES DE BECERREÁ.

AQUÍ está recollida a información sobre a actividade poética desenvolta pola "Fundación Uxío Novoneyra", dentro das residencias poéticas itinerantes no Camiño de Santiago, organizadas desde a fundación. E podes ver o vídeo que recolle as intervencións dos e das poetas participantes.

O CONSELLEIRO FELICITA PERSOALMENTE AO IES DE BECERREÁ POLOS RESULTADOS NA ABAU 2021

Román Rodríguez púxose persoalmente en contacto telefónico co centro para transmitir os seus parabéns ao alumnado que acadou o 100 % de aprobados na fase xeral da ABAU, ás súas familias e ao propio instituto polo traballo desenvolto. Trasladamos  desde aquí esta felicitación aos protagonistas e beneficiarios deste éxito académico, que comezarán agora unha nova etapa educativa moi atractiva e vinculada aos seus intereses e vocacións. Na súa conversa, o Conselleiro destacou o bo rendemento habitual dos institutos do rural nestas probas, demostrando que a atención educativa nos mesmos está ao nivel de centros doutras contornas.

Resultados coma o deste ano foron tamén acadados nos dous últimos cursos, e na convocatoria ordinaria de 2019, o noso centro foi o 4º instituto galego con mellor cualificación media na ABAU e 5 premios aos mellores expedientes galegos nesta proba.

XA PODES LER A EDICIÓN DIXITAL DE "A REBOLA" 2021

PREMENDO AQUÍ podes acceder ao último número da revista "A Rebola", editada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. A edición en papel foi repartida entre o alumnado e profesorado do centro ao remate do presente curso.

TODO O ALUMNADO DO CENTRO QUE REALIZOU A ABAU NA CONVOCATORIA ORDINARIA SUPEROU A PROBA

De novo un 100% de aprobados nas probas da convocatoria ordinaria da ABAU, realizadas no mes de xuño. Os parabéns máis sinceiros para Antía, Brais, Lucía, Marcela, Martín, Pablo e Tamara, xa que o do seu esforzo recolleron esta merecidad recompensa. Pola súa parte, Marcela Miñambres participará telematicamente no acto de recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU por obter unha nota igual ou superior a un 9 na parte xeral da proba.  Para todos e todas esperamos que a nova etapa educativa que inician cubra as súas expectativas.

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS COLEXIOS DE BECERREÁ E AS NOGAIS VISITA O IES DE BECERREÁ

O mércores 9 de xuño tivemos a fortuna de recibir, como era tradición antes da pandemia, ao alumnado de 6º de Primaria destes dous centros. A punto de pasar a formar parte da nosa comunidade educativa como alumnado de 1º da ESO, tiveron unha primeira toma de contacto directa co noso centro. Durante a visita, coordinada polo Departamento do Orientación,  coñeceron as instalacións polo miúdo, ademais de familiarizarse cos aspectos académicos e organizativos máis salientables do próximo curso e da nova etapa que comezarán en setembro. Para iniciar a convivencia no noso centro, compartiron o lecer co resto do alumnado do instituto. Considerando que no curso pasado non se puido facer esta visita polas condicións sanitarias e a suspensión das clases presenciais, esta visita tivo un carácter máis especial se cabe. A todas e todos, benvidos ao IES de Becerreá!!

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS COLEXIOS DE BECERREÁ E AS NOGAIS VISITA O IES DE BECERREÁ

III CONGRESO CIENTÍFICO ESCOLAR DA MONTAÑA

O noso centro participou este ano, por vez primeira, no III Congreso Científico da Montaña. Desenvolveuse, por videoconferencia, ao longo de toda a xornada lectiva do martes 25 de maio. Damos as grazas pola invitación a participar que nos fixeron os profesores dos centros fundadores desta actividade: CEIP Uxío Novoneyra de Pedrafita, CEIP Poeta Uxío Novoneyra de O Courel, CEIP de Cervantes e IES San Rosendo de Mondoñedo. Para nós foi un auténtico privilexio e unha experiencia do máis enriquecedora.

VISITA AO CINE DO ALUMNADO DOS CLUBS DE LECTURA

O 25 de maio, e dentro das actividades desenvoltas polo equipo da Biblioteca do noso instituto, o alumnado da ESO que forma parte dos clubs de lectura durante este curso acudiu ao cine para ver a película "Raya e o último dragón", como actividade final deste programa do centro.

VISITA AO CINE DO ALUMNADO DOS CLUBS DE LECTURA

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS PARA O ALUMNADO DE 2º E 3º DA ESO

PREME AQUÍ para obter toda a información sobre esta actividade, a cargo da Associaçom Galega da Língua (AGAL).

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS PARA O ALUMNADO DE 2º E 3º DA ESO

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2021

AQUÍ podes consultar todos os detalles sobre como se conmemorou o Día das Letras Galegas 2021 no noso centro, e poderás ver os dous vídeos que elaboraron os membros do EDL sobre a figura e obra de Xela Arias.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2021
Distribuir contido