O ALUMNADO DE 2º DA ESO PROTAGONIZA A CELEBRACIÓN DO "DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021" NO IES DE BECERREÁ.

 

O día 11 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data establecida en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para promover a participación plena e equitativa das mulleres, adolescentes e nenas na ciencia.

 

PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

Esta 3ª edición do TDAG, organizado pola Fundación Barrié (https://fundacionbarrie.org/iii-torneo-debate), terá lugar do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2021. O equipo que representa ao noso centro está composto polos membros que podedes ver na foto (de esquerda a dereita): Xulio (profesor preparador), Martín (2º Bac), Alba (1º Bac), Lucía ( 2º Bac) Marcela (2º Bac) e Xiao (2º Bac). O seu primeiro debate telemático terano hoxe luns 25, ás 19:00 horas, contra o 2º equipo do Colexio Santiago Apostol. O segundo enfrontamento será o mércores 27, ás 17:00, co Colexio Cluny (2º equipo), e rematarán esta primeira fase debatendo contra o 3º equipo do Colexio Peñarredonda, o venres 29 ás 15:00. Os 16 equipos con mellor puntuación pasarán á fase final, que se celebrará o día 5 de febreiro con debates presenciais na Coruña. Todos os debates desta primeira fase emítense en directo a través da canle de youtube da Fundación Barrié, e poden acceder a eles a través do enlace dispoñible ao inicio deste texto.

PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

INFORMACIÓN SOBRE POSIBLE CAMBIO DE XORNADA NO INSTITUTO

No apartado "FAMILIAS - Información XERAL" poden atopar información sobre esta posibilidade de cambio, que sería efectiva, de producirse, a partir do curso 21-22.

BO NADAL E UN MELLOR 2021 PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE BECERREÁ

Con este vídeo, elaborado polo EDL do noso centro, queremos dexesar boas festas a toda a comunidade educativa do noso centro, coa seguridade de que o próximo ano viviremos tempos mellores e poderemos, coma sempre, vernos os sorrisos!

REMATE DAS ACTIVIDADES DO "CORRELINGUA 2020" NO IES DE BECERREÁ

Como remate da campaña de actividades desenvoltas ao redor do Correlingua 2020, no IES de Becerreá tivo lugar o 21 de decembro a última destas actividades cun acto que será presentado polo actor Anxo Manoel Lamelo (do grupo Lucecús Teatro) e no que actuou (marabillosamente) o grupo musical Biribirlocke. Na parte inferior queda o vídeo do acto (a partir do minuto 10:25), e o acontecemento foi retransmitido en directo a través de Youtube. Pechará esta campaña do Correlingua 2020 a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro. O acto contou coa participación directa do alumnado de 1º de Bac, non podendo facerse extensible a tod@s por mor da situación de emerxencia sanitaria.

A EXPOSICIÓN "CARBALLO CALERO EN LUGO" CHEGA AO IES DE BECERREÁ.

PREME AQUÍ o infórmate sobre o contido e obxectivo desta exposición, instalada no centro durante a segunda semana do mes de decembro.

A EXPOSICIÓN "CARBALLO CALERO EN LUGO" CHEGA AO IES DE BECERREÁ.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PREME AQUÍ para informarte  das actividades desenvoltas no centro con motivo da cebración do Día Contra a Violencia de Xénero.

Aquí quedan os enlaces aos dous vídeos nos que se mostran as nosas iniciativas desenvoltas este ano.

VISITA AO ACIÑEIRAL DE CRUZUL

Nunha actividade organizada polo departamentos de Xeografía e Educación Física do centro, unha parto do alumnado da ESO achegouse ata este enclave do Concello de Becerreá para descubrir as características do aciñeiral máis septentrional de Europa.PREME AQUÍ para coñecer os detalles da actividade.

VISITA AO ACIÑEIRAL DE CRUZUL

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

AQUÍ tes toda a información sobre os actos desenvoltos no instituto para conmemorar esta data, que entre outros incluíu a asistencia de parte do alumnado da ESO e Bac a unha videoconferencia realizada pola bióloga lucense Sonia Villapol, desde o seu centro de investigación en Houston (USA), charla que se desenvolveu na nosa lingua.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

SAMAÍN 2020

A pesar da situación tan especial provocada pola crise sanitaria, no noso centro non deixamos de celebrar as tradicións nin desaproveitamos as actividade que enriquecen a vida cotiá do centro. Así,  pese ás dificultades, o Equipo de Dinamización Lingüística desenvolveu esta primeira actividade do curso, da que te podes informar premendo AQUÍ.

SAMAÍN 2020
Distribuir contido