CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO NA COMARCA DOS ANCARES

PREME AQUÍ para ler a noticia sobre esta charla, desenvolta no centro o día 4 de novembro para o alumnado de 4º da ESO o de Economía de 1º e 2º de BAC.

O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 1º DE BAC VISITA O LABORATORIO LUCENSE "AMSLAB"

Unha vez máis os alumnos e alumnas de ciencias de 1º de BAC visitaron o laboratorio "AMSlab" (https://www.ams-lab.com/), no polígono do Ceao (Lugo). Nel realízanse análises físicas, químicas e biolóxicas para a industria de moda, alimentación, veterinaria e farmacéutica. Como clientes máis coñecidos podemos citar a Inditex, Carolina Herrera ou Loewe.
Coma sempre, o noso alumnado recibiu unha esmerada atención recibida por parte do persoal de AMSlab. Dende aquí queremos agradecer tanto o esforzo didáctico mostrado nas súas explicacións como a transmisión dun enfoque social da ciencia, concretada na protección das persoas e o medio ambiente. Tamén agradecemos que a lingua empregada na visita fose o galego, un bo preludio á Semana da Ciencia en Galego que se celebrará proximamente.

O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 1º DE BAC VISITA O LABORATORIO LUCENSE "AMSLAB"

PARTICIPACIÓN NO 4º ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE BÁDMINTON

Por cuarta vez xuntámonos alumnado de secundaria dos centros da comarca para celebrar este encontro (co respaldo económico do programa "Xogade" da Xunta de Galicia), que xira en torno a este deporte de raqueta e que se organiza desde o CPI de San Román, coa asistencia do alumnado de secundaria de dito centro, dos CPI de Navia, Pedrafita, O Courel e do alumnado de 2º da ESO do noso instituto. Participamos nun torneo individual e noutro de dobres, onde se competía xunto con outro compañeiro ou compañeira dun centro distinto. Xornada deportiva, festiva e de convivencia, como poderedes ver no vídeo inferior e nestas FOTOS. O próximo encontro deportivo intercentros será en febreiro, no IES de Becerreá, para celebrar o torneo de pimpón. Vémonos alí!

PARTICIPACIÓN NO 4º ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE BÁDMINTON

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Visita o blog do EDL do centro para coñecer ao detalle como foi a celebración desta festa no noso centro, o primeiro acontecemento festivo do curso, e cal foi o nivel de esforzo do alumnado organizador e participante.

GUÍA DO CURSO 2019-20 PARA AS FAMILIAS

Queda publicada, no apartado "FAMILIAS" - "Inforamción xeral", a guía do curso 2019-20, no que atoparán información de interese para as familias do noso alumnado.

100% DE APROBADOS NA ABAU, CINCO PREMIOS AOS MELLORES EXPEDIENTES E CUARTO CENTRO DE GALICIA CON MELLOR CUALIFICACIÓN MEDIA NA ABAU

Todo o alumnado do noso centro que se presentou á Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade 18-19 (ABAU) acadou o aprobado. Paula Álvarez, Javier Cadenas, Carolina Díaz, Rodrigo Fernández, Carlos X. Fernández, María Fiallega, Blanca Gegunde, Pablo González, Esther López, Marcos Montaña, Miguel Osorio, Celia Pardo, Gabriela Rodríguez, Xoel Poy, Nicolás Vilela e Carlota Yepes poden agora comezar una nova etapa na súa formación despois de superar brillantemente esta proba de acceso. O seu desempeño na mesma coloca ao noso centro como o cuarto mellor centro galego no que respecta á cualificación media na ABAU, con 7,434 puntos (ver clasificación dos centros por resultado).

CONCERTO DE FIN DE CURSO 2018/19

O xoves 13 de xuño tivo lugar o tradicional concerto de fin de curso no noso centro. Aquí che queda o vídeo para que comprobes directamente como foi o acto.

ASÍ SE RODOU NO IES DE BECERREÁ UNHA ESCEA DA PELÍCULA "O QUE ARDE", DO DIRECTOR ANCARÉS OLIVER LAXE

En marzo de 2018 tivo lugar no noso centro un feito inédito ata ese momento: a filmación, no vestíbulo de entrada do edificio vello duna escea da película "O que arde" (nese momento denominada aínda "Aquilo que arde"), do director do orixe ancaresa Oliver Laxe e que recentemente foi premiada nun dos festivais de cine máis prestixiosos do mundo, o Festival de Cannes.

Para deixar constancia do traballo desenvolto durante aquel venres e sábado de marzo no noso centro, este é o vídeo que recolle o acontecido, incluíndo a realización dunha das tomas completas da secuencia filmada. Para ambientar o mencionado espazo do centro e convertelo nunha oficinas dun xulgado galego, empregouse mobiliario do centro trasladado doutras estancias, tanto do edificio vello como do novo. Do resultado de semellante traballo dan constancia as fotos e o vídeo que podedes ver premendo no enlace de arriba.

O IES DE BECERREÁ PREMIA AO DIRECTOR DE CINE OLIVER LAXE, NA VI EDICIÓN DO PREMIO Á PROMOCIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA.

AQUÍ se recolle toda a información (que inclúe vídeo e imaxes) sobre o premio e o acto de entrega do galardón (a "Rebola de madeira") ao director de cine Oliver Laxe, pola súa promoción da lingua galega e da cultura ancaresa na súa última película "O que arde", premiada no Festival de Cannes recentemente. Ademais, unha das esceas da película foi filmada no noso centro, en marzo de 2018.

O IES DE BECERREÁ PREMIA AO DIRECTOR DE CINE OLIVER LAXE, NA VI EDICIÓN DO PREMIO Á PROMOCIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA.

O IES DE BECERREÁ PREMIADO DE NOVO NA "ESCOLA DE PRENSA" DO DIARIO "EL PROGRESO".

AQUÍ tes toda a información sobre o premio acadado nesta terceira edición da "Escola de Prensa", na que o centro participa desde o seu comezo e na que obtivemos distintos galardóns nas edicións anteriores.

Distribuir contido