O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 1º DE BAC VISITA O LABORATORIO LUCENSE "AMSLAB"

Unha vez máis os alumnos e alumnas de ciencias de 1º de BAC visitaron o laboratorio "AMSlab" (https://www.ams-lab.com/), no polígono do Ceao (Lugo). Nel realízanse análises físicas, químicas e biolóxicas para a industria de moda, alimentación, veterinaria e farmacéutica. Como clientes máis coñecidos podemos citar a Inditex, Carolina Herrera ou Loewe.
Coma sempre, o noso alumnado recibiu unha esmerada atención recibida por parte do persoal de AMSlab. Dende aquí queremos agradecer tanto o esforzo didáctico mostrado nas súas explicacións como a transmisión dun enfoque social da ciencia, concretada na protección das persoas e o medio ambiente. Tamén agradecemos que a lingua empregada na visita fose o galego, un bo preludio á Semana da Ciencia en Galego que se celebrará proximamente.

O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 1º DE BAC VISITA O LABORATORIO LUCENSE "AMSLAB"