O IES DE BECERREÁ ACUDE AO I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

Promovido pola Fundación Barrié, este I TDAG (http://www.fundacionbarrie.org/torneo-debate-2018) contará coa participación dun equipo do noso centro, como non podía ser doutra maneira despois da ampla traxectoria no Parlamento Xove e dos éxitos acadados desde a súa primeira edición (co nome de "Liga de Debate"), en abril do ano 2008. O grupo, coordinado polo profesor Xulio González, está composto por alumnado de 2º de Bac (Paula Álvarez, Marcos, Xoel e Gabriela) con experiencia de participación no Parlamento Xove, e por unha alumna de 4º da ESO, Paula Rubio, que se estrea neste tipo de concursos.

O noso equipo debuta o xoves 7 de febreiro e a fase final desenvolverase na xornada do venres 8. En total participan 264 alumnos e alumnas pertencentes a 56 equipos de 27 centros galegos, sendo o noso instituto o único representante dos centros lucenses. Moita sorte e ánimo ao noso alumnado, esperando que gocen desta experiencia á que acoden moi motivad@s e para a que se preparan sen escatimar esforzos.

 

 

O IES DE BECERREÁ ACUDE AO  I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPA NA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Tres alumnos do noso centro, Pablo Fernández e Bruno de 1º de Bac, xunto con Pablo Ulloa de 4º da ESO, participaron e Santiago na segundo fase da VI edición desta proba (https://olimpiadafilosoficagalicia.weebly.com/), no apartado de disertación os dous primeiros e no de dilema moral o alumno da ESO, despois de ser seleccionados entre o alumnado do centro pola calidade dos seus traballos filosóficos presentados para tal fin. Por outra parte, a alumna Esther López (2º de Bac) participou na modalidade de fotografía (preme aquí para vela). Todos estes apartados desenvolvíanse sobre o tema "realidade e apariencia no mundo actual".

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPA NA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

OBRADOIRO DESENVOLTO POLO ALUMNADO DE 4º DA ESO.

NESTE ARTIGO DE PRENSA poderás obter información sobre o obradoiro desenvolto polo noso alumnado de 4º, con dúas xornadas de actividades desenvoltas na aula e unha terceira xornada, consistente nunha visita a varias empresas da comarca da Ulloa, que representan perfectamente a idea de emprendemento sostible no medio rural, que é a clave deste obradoiro. É importante rematar facendo mención á moi positiva valoración que Tamara, a monitora deste obradoiro, fixo da actitude do alumnado nesta actividade, así como da súa capacidade para debatir sobre temas de actualidade e o excelente nivel de información que amosaron ao longo destas tres xornadas. Parabéns pois por tan excelente valoración e opinión.

FESTA DE NADAL 2018

Aquí deixamos os tres vídeos que recollen os actos da nosa festa de Nadal 2018.

Ás xa tradicionais actividades que se resumen nos dous primeiros vídeos (Lacasitos de fin de ano, chocolatada, concerto), sumáronse este ano algunhas novidades moi interesantes e que podedes ver no terceiro vídeo da serie.

E AQUÍ podes ver unha pequena selección de fotos da xornada.

 

ALUMNADO E PROFESORADO DO IES DE BECERREÁ INTERVEÑEN NA INAUGURACIÓN DO BELÉN CREADO POR UNHA VECIÑA DA VILA

Como unha imaxe (neste caso, un vídeo) vale máis que mil palabras, preme no enlace inferior para ver o vídeo e comprender a perseverancia e o paciente traballo desenvolto por Olimpia, veciña de Becerreá, desde o ano 1998, para crear unha obra como esta. Na inauguración deste belén participou profesorado do instituto (tanto na participación no acto como na preparación do mesmo) e o alumnado de 4º da ESO e Pablo (1º de Bac), coordinad@s polo departamento de Música, que glosaron o traballo de Olimpia e interpretaron unha panxoliña.


NOVO ENCONTRO COMARCAL DE BÁDMINTON

O 28 de novembro tivo lugar no CPI de Cervantes o II Torneo Comarcal Intercentros de Bádminton. En representación do IES de Becerreá desprazouse un combinado de xogadores/as de 2º e 3º da ESO, que deron mellor de si nun ambiente de convivencia e deportividade. Ademais, participaron o resto de de centros da comarca: Pedrafita, Cervantes, Navia e tamén o colexio do Courel.

A competición desenvolveuse en dúas fases: individual e dobres, nos que as parellas debían estar conformadas por xogadores/as de distintos centros. A primeira hora da mañá tivo lugar o torneo individual, disputado en catro categorías, dúas femininas e dúas masculinas, con niveis medio e alto en dada unha delas. Os partidos, xogados a un só set, transcorreron con rapidez e unha grande igualdade, que aportou emoción ao evento.

A xogadora becerrense mellor clasificada foi Candela, de 2º, que disputou a final feminina de nivel alto, acadando unha gran segunda posición.

CELEBRACIÓN DO "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO" NO IES DE BECERREÁ

Se premes AQUÍ, poderás obter información sobre como se desenvolveu esta efeméride no noso centro, coa participación de varios departamentos, coa presentación de interesantes experimentos, explicacións, vídeos e ata un "kahoot" para rematar os actos.

ESTAS son algunhas das fotos que reflicten as actividades desenvoltas, e debaixo queda o vídeo explicativo do Ludión, preparado polo departamento de Física e Química, para aclarar un dos experimentos presentados.

O DÍA INTERNACIONAL DA ELEMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER NO IES DE BECERREÁ

AQUÍ tes toda a información e algunhas imaxes sobre os distintos actos celebrados na convocatoria deste anos, tanto no noso centro como na Casa da Cultura do Concello de Becerreá.

Este vídeo recolle as actividades no noso centro.

Este segundo vídeo, amosa a participación no acto celebrado na Casa da Cultura.

TEATRO EN INGLÉS NO IES DE BECERREÁ

Last Monday 12th November 2018 Face to Face Theatre Company came to our high school to perform a couple of shows. Our students had a great time and participated actively in the acting!! Our 4º ESO and BACH  students enjoyed Romeo and Juliet: the best love story that the world has ever known. 1st, 2nd and 3rd ESO students shared the auditorium with other students from CPI Luís Díaz Moreno, Baralla. The show was Derailed: a famous murder mystery based on Agatha Christie´s Murder on the Orient Express.

VISITA Á FUNDACIÓN TIC E NOVO "TICODIARIO" DO ALUMNADO DE 1º DE BAC

Una nova edición do TICODIARIO emitido polo alumnado de 1º de BAC, elaborado durante a súa visita á Fundación TIC. Non vos perdades a emisión da previsión meteorolóxica, realizada con man experta por Álvaro (meteorólogo nos ratos libres). E parabéns a tod@s pola calidade do traballo, como se pode apreciar no vídeo.

Distribuir contido