PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A ABAU E O ACCESO A GRAOS UNIVERSITARIOS

A Comisión Interuniversitaria de Galicia vén de publicar na súa páxina web https://ciug.gal unha escolma das preguntas máis frecuentes formuladas desde os centro educativos nos últimos anos. Trátase deste xeito de dar resposta a múltiples preguntas tanto sobre as propias probas como sobre o proceso de acceso á universidade para as tres universidades galegas. Esta escolma está dividida en dous apartados: PREMENDO AQUÍ verás as preguntas relacionadas coa ABAU e AQUÍ as que fan referencia ao acceso a graos.