EQUIPO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPANTE NO PARLAMENTO XOVEN 2011

Este é o equipo do noso centro que participará na FINAL do PARLAMENTO XOVEN 2011 o 26 de febreiro en Santiago (de esquerda a dereita e na fila superior: Diego, Alejandro, Pepe e Xulio, o profesor de Filosofía que se encarga da coordinación e preparación do equipo. Na fila inferior: Miriam, Natalia e Antía). A clasificación para a gran final conseguírona na pasada fin de semana, vencendo nos debates a outros centros galegos de secundaria. Esta é xa a nosa terceira participación neste evento, anteriormente chamado Liga Galega de Debate, no que xa se ten acadado algún sub-campionato (con participación na TVG incluída). Proximamente, os protagonistas contarán de primeira man a súa experiencia completa nestas semanas de preparación sen descanso e de competición coñecendo a outros contrincantes. Entre tanto, os nosos parabéns polo traballo desenvolto e os nosos ánimos para a gran final. Preme sobre a imaxe para enlazar coa galería de fotos do Parlamento Xove e coñecer todos os detalles das actividades.