RATOS DE LABORATORIO NO IES DE BECERREÁ

Desde o día 27 de febreiro e ata o 23 de abril, gozamos da compaña de dúas parellas de ratos doados ao centro pola Fundación Barrié e a empresa Xaraleira, co obxectivo de achegar ao alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC aos principios da xenética mendeliana e a forma de traballar propia da ciencia, así como contribuír a despertar vocacións científicas. Neste proxecto participa o noso centro xunto con outro 20 máis de toda Galicia.

Pese á que a experiencia se orienta aos cursos antes mencionados, no IES de Becerreá trataremos de implicar ao maior número de alumnado posible e así, aqueles grupos que non participen directamente nos traballos de investigación, farano para estudar o ciclo e costumes destes roedores así como noutras labores de intendencia para o coidado destes exemplares, sempre coordinados polos profesores do Departamento de Ciencias Naturais. E por certo, unha das parellas está esperando descendencia!! Seguiremos informando desta e outras novas. PREME SOBRE A FOTO PARA VER UN VÍDEO DE COMO SE TRABALLA CON ELES.

CLEVER PANTS THEATRE COMPANY: TEATRO EN INGLÉS.

Last 16th February CLEVER PANTS THEATRE COMPANY came to IES Becerreá to perform a couple of shows for us! They have been coming for four years now; and as usual they´ve done great! The first of them was SOUTH BY SOUTHEAST in which CLEVER PANTS presented an original homage to the classic Hitchcock  style thrillers of twentieth century cinema. Using a mixture of theatrical techniques and clever humour they offered an interactive stage version of this popular fil genre. It was aimed at our Bacharelato students. After lunch, our ESO students could enjoy THREE IN ONE, a comic look at some classic English literary styles from the last 400 years. Using a dynamic sketch show format the actors played a multitude of characters in different versions of three classic genres: a tragedy, a melodrama and an adventure.

PARTICIPAMOS NA NOVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE.

Unha vez máis, alumnado do noso centro acude á 3ª edición do Parlamento Xove, a de maior número de participantes (30 equipos) das celebradas ata o momento (con anterioridade, realizáronse varias edicións da chamada Liga Galega de Debate, na que participamos desde a primeira edición). Coordinados polo profesor de Filosofía, Xulio, catro alumnos/as de 1º de BAC forman o equipo deste ano (de esquerda a dereita na foto): Valvanera, Aida, Javier, Xulio e Alba. E o 25 de febreiro, segunda xornada da fase clasificatoria, debutaron en A Coruña, participando xunto con outros 14 centros das provincias de A Coruña e Pontevedra, e quedando os primeiros clasificados desta xornada! Parabéns para todos. Ademais do traballo do coordinador, hai que destacar que o resto do alumnado do curso colaborou activamente na preparación do debate. Esperamos que este esforzo colectivo desenvolto ata o momento (boa parte del, en horario extraescolar incluso durante o Entroido), teña a súa merecida recompensa (de momento, parece que si) e sexa, en xeral, unha boa experiencia para todos/as os que se involucraron neste proxecto.Contan co ánimo e apoio de toda a comunidade escolar do centro.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2012

Como xa tiñamos advertido, a celebración deste ano ía ser memorable. E foi. Moitísima participación por parte do alumnado, profoserado e persoal non docente e moita animación por parte daqueles que, sen disfrazar, participaron co seu bo humor. Agradecer o esforzo aos que nos agasallaron cos seus doces. E unha mención especial para o grupo de 4º da ESO, que como é tradición, coordina toda a celebración. Queda un bo reto para o vindeiro curso! Visita o vídeo resumo que colgamos na nosa conta de youtube, ou pásate pola galería de fotos para que non esquezas ningún detalle ou para que aqueles que non estiveron, poidan facerse unha idea de como son as nosas festas do Entroido. Igual que sempre, o vídeo completo e toda a colección de fotos está a disposición de calquera interesado na biblioteca do centro.

CHEGA O ENTROIDO 2012

Ao remate desta semana, dará comezo un novo Entroido e no noso instituto comezaron os preparativos para a festa do venres. Como é tradición, incluirá un concurso e degustación de doces tradicionais, un concurso de disfraces e a queima do espantallo . Este ano, e como podedes observar na foto, o espantallo representa ao popular personaxe creado polo humorista José Mota, "La Vieja´l Visillo", unha cotilla empedernida que se pasa o día observando aos veciños desde detrás do "visillo" da súa ventá, para despois espallar os seu contos e "cotilleos" pola vila adiante causando o maior dano posible. En breve, daremos conta de todo canto aconteceu na nosa festa de Entroido, que polo que sabemos, promete! E tamén quixeramos agradecer o bo traballo do alumnado de 4º da ESO, que se encarga dos preparativos entre os rapaces, así como o esforzo da súa titora, que coordina estes preparativos tanto entre o alumando como entre o profesorado.

BO NADAL E UN FELIZ 2012

O mércores 21 de decembro rematOU o primeiro trimestre deste curso. E para dar a benvida ao Nadal, de novo a tradicional chocolatada con roscón de reis para ir distraendo á fame; fíxose entrega dos premios do certame de relato breve de Nadal (Laura Pardeiro está abonada ao éxito) e rematamos cun concerto a cargo do alumnado de música de 4º da ESO e de 1º de BAC. PREME NA FOTO PARA VER UNHA COMPLETA REPORTAXE FOTOGRÁFICA de todo isto.

BOAS FESTAS E UN VENTUROSO 2012 PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATVIA DO IES DE BECERREÁ.

MAGOSTO 2011.

PREME SOBRE A IMAXE e poderás comprobar o ben que se pasa e o ben que se come neste instituto. De novo, os alumn@s de 4º organizaron a celebración do magosto para que resultara unha xornada de convivencia lúdica. Rímonos bastante, comemos o que puidemos e outro ano máis, os xogos serviron de escusa para que tod@s, alumnado e profesorado, participasemos co mesmo obxectivo: divertirnos. Entre todos fomos aportando as castañas, e ademais, parte do alumnado de 4º agasallounos cuns doces caseiros exquisitos. Como novidade, quedaou instaurada a elaboración e degustación de  "bocatas" de nocilla, (perdón pola publicidade encuberta: debería dicir "crema de cacao").  Supoñemos que se converterá nunha nova tradición do noso magosto. Próxima celebración colectiva: a chocolatada de Nadal!! Pero antes toca facer exames. Boa sorte.

PRIMEIRA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO IES DE BECERREÁ

Nunca é tarde para recrear e festexar antigas tradicións. Organizada polos alumn@s de 4º da ESO, coordinados pola súa titora e coa participación do resto do alumnado, que aportaron as cabazas e parte das larpeiradas das que demos boa conta, celebramos por primeira vez a festividade de Samaín, a festa de orixe celta (Samhain) que daba comezo a un novo ano cun encontro entre o mundo dos vivos e dos mortos (o mundo dos antepasados), e que a tradición cristiá transformou no Día de Todos os Santos. Ademais do festín gastronómico, no que tamén colaboraron vari@s profesores/as aportando doces caseiros, os alumn@s de 4º e 3º fixeron unha proxección  das presentacións que elaboraron na materia de Lingua Galega sobre a festividade, e que tamén incluían pequenos relatos de terror e misterio. Igualmente, desde a biblioteca recomendáronse lecturas con esta temática escura e misteriosa,  para lectores/as sen medo a nada e que axudan a levar as longas noites do outono con máis lixeireza.  Preme na foto para ver as imaxes da celebración.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

O pasado venres, no centro, descubrimos a capacidade de colaboración que o noso alumnado ten para lograr realizar un acto cultural de forma responsable. Este ano as actividades que propoñiamos para celebrar este día eran bastante complicadas na súa realización, cambios de escenario, ambientes distintos, moito movementos de alumnos, pero grazas á colaboración de tod@s, profes, alumn@s, e persoal non docente, podemos dicir que foi un agradable día de convivencia.
Comenzamos cun teatro titulado " O Lobo e as Sete Cabuxiñas Espilidas", interpretado polos magníficos actores de 1º de ESO dirixidos por dúas profesoras Mª Carmen e María, sen dúbida ningunha triunfaron, en vista dos aplausos do público (PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO). Despois continuamos coa interpretación dunha selección de textos entre os que contamos cos poemas do noso homenaxeado Lois Pereiro. E por último disfrutamos dunha pequena audición musical dos alumnos máis novos do centro.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración e esperamos xa nosa nova cita coa música no cencerto de fin de curso que será o próximo día 9 de xuño.

O ESCRITOR SANTIAGO JAUREGUIZAR VISITA O CENTRO

O pasado venres día 6 de maio veunos visitar Santiago Jaureguízar. Este xornalista vasco de El Progreso veunos dar a coñecer a súa abundante obra, na cal estabamos moi interesados...!

Temos que recoñecer que a conferencia foi moi amena porque nos permitiu tratalo máis en persoa e sorprendeunos a súa proximidade ao contarnos a relación do personaxe da obra Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón co seu pai.

Tal e como nos contou, de novo, seu pai era mestre e non podía latar nin facer nada e por iso lle otorgou a este personaxe a personalidade liberal, tanto como pai e como mestre.

Distribuir contido