CONCERTO DE FIN DE CURSO.

Chegado o remate do terceiro trimestre, e coas vacacións ás portas, o alumando de música de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de BAC, ofrecéronnos un concerto que contou coa asistencia de moitos pais, nais e familiares do alumnado mencionado. Destacaron as voces femeninas de 3º da ESO e a entrañable actuación de 1º de BAC, que supoñía unha despedida tanto destes concertos como da materia de música. As fotos e o vídeo do concerto están dispoñibles na biblioteca do centro para quen queira unha copia.

Se queres ver unha selección de imaxes do concerto, preme aquí.

SOLIDARIOS

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Unha presentación con vídeo e imaxes, elaborada polo alumnado de 4º da ESO para mostrarnos a figura literaria e humana de Roberto Vidal Bolaño, unha pequena obra teatral interpretada por alumnado de 1º e unha actuación da contacontos e actriz lucense Ana Carreira, completaron os actos de celebración do Día das Letras Galegas 2013. Grazas a todos os que se esforzaron e colaboraron para garantir o éxito da xornada. Se queres ver fotos da celebración, preme aquí.

DESPEDIDA A 2º DE BACHARELATO

Cunha xuntanza informal pero entrañable, o IES de Becerreá despediu ao alumando de 2º de BAC que remata estudos no centro este mes de maio. A maioría deles chegaron en setembro de 2007. Catro alumnas máis, sumáronse para cursar o bacharelato procedentes dos CPI de San Román e Baralla, onde estudaran a ESO. Para Javier, María, Aida, Alba, Andrea, Cris, Almudena, Claudia, Álex, Paula, Valva, Tania, Andrea, Marta, Judith, Estela, Rocío, Sandra, Artur e Estíbaliz, os nosos mellores desexos de futuro. Botarémolos en falta.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

VISITA O BLOG DA BIBLIO para  ter información desta celebración e preme na foto para ver as imaxes.

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN NA NATUREZA

A este evento, celebrado no recinto do Balneario de Guitiriz, acudiu o alumnado de 3º da ESO, para participar nunha proba esixente debido ao estado do terreo, moi húmido polas continuas chuvias das últimas semanas. En categoría cadete feminina, dúas corredoras do noso equipo acadaron a segunda e terceira posición: Miriam Carreras e Rocío Carballo, respectivamente. Un erro no rexistro dunha das balizas, privou a un dos nosos alumnos de acadar, polo tempo empregado en completar o percorrido, a segunda posición na categoría de cadete masculino. Non obstante, o maior éxito de todos foi a participación voluntaria de case todo o grupo nesta proba e, sobre todo, a súa boa disposición, tendo en conta que as condicións climatolóxicas podían ser mellores. Parabéns a tod@s (Rocío; Miriam, Elena, David, Álvaro, Candela, Daniel, Sergio, Yolanda, Rubén, Alejandro, Diego, María, Adrián, Cristian e Ares) e ánimo para a próxima proba, o Campionato Galego, que se celebrará en O Barco de Valdeorras, na última semana de abril e para o que están clasificados, polos tempos acadados, vari@s dos nosos alumn@s.

THEATRE IN ENGLISH FOR OUR STUDENTS

Last Monday, 4th March, Clever Pants came to our high school to perform a couple of shows. The first one was Clever Cupid, a nice comedy on love matters for our Baharelato students, and afterwards for our ESO estudents, they represented Teen Trials, an humorous look at the hopes and frustrations of everyday life from a teenage perspective; the actors invited the audience to share the ups and downs of adolescent existence as they deal whith first love, best friends and strict parents. We could enjoy the shows for a couple of hours and the students could realize they know more English than they imagine! Click here or on the picture to see some photos of the shows!

ÉXITO ROTUNDO DO IES DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE

Dos 24 equipos participantes de todo Galicia na fase preliminar do Paralmento Xove, o equipo 1 (alumando de 2º de Bac) do IES de Becerreá resultou GAÑADOR, encabezando a clasificación (preme aquí) con 98,75 puntos e vencendo nos tres debates con moita claridade, despois de que o sorteo os enmarcara nun grupo difícil, con equipos moi experimentados; o Colexio San Estanislao de Kostka, o Colexio Galén (Lugo) e o IES de A Pinguela (Monforte), estes últimos subcampións da última edición. Participará, pois, na fase final entre os 8 mellores equipos. Menos fortuna no resultado, pero igual destreza nos debates, tivo o equipo 2 (alumnado de 1º de BAC), debutante na competición e que queda fora da rolda final ao vencer só no primeiro debate contra o IES Montecastelo de Burela.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Este é o vídeo que resume os actos organizados para conmemorar o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro, "Cantares Gallegos". A versión completa do vídeo está a disposición da comunidade escolar na biblioteca do insti.

PARTICIPANDO, DE NOVO, NOS DEBATES DO PARLAMENTO XOVE

Por 5º ano, alumnado do IES de Becerreá participa nunha nova edición do Parlamento Xove (www.parlamentoxove.com). O concurso para Bacharelato celebrarase os días 1 e 2 de marzo na Deputación de A Coruña. O tema sobre o que xirarán os debates é o seguinte: "ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?" Este ano, o noso centro acude con dous equipos formados por: Yolanda, Bran, Sandra e Dani, de 1º de BAC, e María, Alba, Aida e Javier, de 2º de BAC. Igual ca sempre, o encargado da súa preparación (e planificador de todo o proceso) é o profesor de Filosofía Xulio González Teixeiro, coa novidade da incorporación da profesora de Lingua Castelá Paloma Piñeiro, que colabora nestas tarefas previas ao concurso e no desenvolvemento do mesmo. Como sabemos dos esforzos realizados e das horas de traballo extraescolar adicadas a este concurso de dabates, desexámoslles boa sorte, porque a súa valía xa a teñen máis que demostrada.

Distribuir contido