ALUMNOS DO INSTI PARTICIPAN NA XIII OLIMPIADA MATEMÁTICA

Dous alumnos do centro, Javier Digón e Pablo Montaña, participaron na XIII edición da Olimpida Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO, celebrada entre os meses de abril e maio. A clasificación de ámbolos dous alumnos foi moi boa na fase de zona, celebrada en Lugo, conseguindo Pablo o pase á final galega celebrada en Vigo, que daba a oportunidade aos participantes de clasificarse para a fase final, onde participan alumnos e alumnas de toda España.Parabéns aos dous alumnos participantes e ao departamento de Matemáticas do noso instituto polo resultado acadado, e animar a outros/as a seguir o exemplo. PREME AQUÍ para ver as fotos e ter acceso ao resto da información.

PRIMITIVO MARCOS, AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS, VISITA O CENTRO.

O pasado venres 29, e como colofón dos actos programados para a celebración do día do libro, tivemos no noso centro o autor de Bandas Deseñadas Primitivo Marcos. Os clubs de lectura de 1º e 2º de ESO, durante o segundo trimestre, puideron aproximarse a parte da obra de este autor a través da lectura de "Aventuras no Camiño de Santiago" e as historias dos Fernández publicadas no Galimatías. Primitivo explicounos todo o proceso de elaboración dun cómic, dende a estruturación dos diálogos ata a secuenciación das imaxes nunha conferencia amena e interesante non só para os clubs de lectura, tamén para moitos alumn@s do centro que coñecen e siguen a súa obra (PREME AQUÍ OU SOBRE A FOTO PARA VER AS IMAXES).
Agradecemos o seu enriquecedor paso polo centro.

REPRESENTACIÓN DAS FÁBULAS DE FEDRO E ESOPO NO COLEXIO DE PRIMARIA

O pasado día 26 de abril e como parte das actividades programadas para a celebración do día do libro, alumn@s de Cultura Clásica e de Latín e Grego, máis algúns espontáneos de segundo curso da ESO do IES de Becerreá, representaron no colexio as Fábulas de Esopo e de Fedro. Fixéronse dúas sesións, unha para os máis pequenos e a segunda para os cursos máis altos de primaria. A Profesora de Latín e Grego fixo unha introducción e comentarios que axudaban aos máis pequenos a entender o mundo das Fábulas.
Unha vez máis queremos agradecer ao noso alumnado as súas colaboracións neste tipo de actos.

PREME SOBRE A FOTO PARA VER AS IMAXES DAS REPRESENTACIÓNS.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Durante a semana do 25 ao 29 de abril, conmemoramos no centro o día do libro con diversas actividades para todo o noso alumnado. Na entrada principal do centro atoparedes un panel informativo do que nos falarán os profesores de Lingua Castelá e Literatura. A esta actividade únese a lectura de fábulas que realizarán no colexio de Becerreá @s alumn@s do centro de Cultura Clásica, Latín e Grego o día 26. Esperamos que disfrutedes destes actos.

EXPROFESOR DE DEBUXO DONA UN CADRO AO NOSO INSTITUTO.

Un antigo profesor de debuxo do noso centro, Pedro Núñez Fernández, fixo doazón dun cadro do que é autor ao centro. A escea da vida rural que se representa quedou colgada no corredor de entrada do edificio novo, de camiño á zona administrativa do centro, o que posibilita que calquera visitante poida apreciar a obra. Toda a comunidade educativa do centro agradece a este entrañable profesor o seu xesto desinteresado.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2011

O venres 4 de marzo celebramos a chegada de Don Carnal seguindo o guión de anos anteriores, organizando todo os alumnos e alumnas de 4º da ESO, aos que lles agradecemos o esforzo e felicitamos polo éxito (PREME NA IMAXE para ver unha selección de fotos).

EQUIPO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPANTE NO PARLAMENTO XOVEN 2011

Este é o equipo do noso centro que participará na FINAL do PARLAMENTO XOVEN 2011 o 26 de febreiro en Santiago (de esquerda a dereita e na fila superior: Diego, Alejandro, Pepe e Xulio, o profesor de Filosofía que se encarga da coordinación e preparación do equipo. Na fila inferior: Miriam, Natalia e Antía). A clasificación para a gran final conseguírona na pasada fin de semana, vencendo nos debates a outros centros galegos de secundaria. Esta é xa a nosa terceira participación neste evento, anteriormente chamado Liga Galega de Debate, no que xa se ten acadado algún sub-campionato (con participación na TVG incluída). Proximamente, os protagonistas contarán de primeira man a súa experiencia completa nestas semanas de preparación sen descanso e de competición coñecendo a outros contrincantes. Entre tanto, os nosos parabéns polo traballo desenvolto e os nosos ánimos para a gran final. Preme sobre a imaxe para enlazar coa galería de fotos do Parlamento Xove e coñecer todos os detalles das actividades.

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DE CARVALHO CALERO E MIGUEL HERNÁNDEZ

Durante o ano pasado, conmemorouse o centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero e de Miguel Hernández. Por este motivo, achegamos ata o centro ámbalas dúas figuras a través dunha exposición (constituída por 24 paneis informativos e un programa de actividades para o alumnado) que foi  elaborada e cedida polo IES Xoán Montes de Lugo. Nela analízase a vida e obra destes personaxes ao tempo que se presenta algún exemplo concreto da súa produción literaria. Os alumnos e alumnas dispoñen, ademais, de exemplares das súas obras publicadas para completar a visita didáctica.  Compleméntase a exposición coa audición de pezas musicais baseadas na produción poética de Miguel Hernández e coa proxección dun vídeo co máis salientable da súa figura. Premendo na imaxe poderás acceder ao álbum de fotos sobre a exposición.

EXPOSICIÓN SOBRE METEOROLOXÍA

Durante estes días temos a oportunidade de aprender, dun xeito ameno, sobre os detalles máis interesantes de meteoroloxía e do clima grazas á exposición organizada polo departamento de Ciencias Naturais. Consta de 12 paneis onde se recolle información escrita e gráfica sobre distintos aspectos do clima e da ciencia que o estudia e explica. PREME AQUÍ ou sobre a imaxe para ver algunhas fotos sobre a exposición.

DOBRE REPRESENTACIÓN TEATRAL EN INGLÉS NO INSTI

O mércores 19 de xaneiro do 2011 o grupo de teatro Clever Pants representou no noso centro dúas obras cómicas tituladas Clever Classics (BAC) e School's Out (ESO). Os shows resultaron ser entretidos e dinámicos xa que os actores intentaron que os nosos alumnos participaran activamente. A linguaxe empregada foi axeitada ao nivel do auditorio e ademáis a xestualidade dos actores facilitou a comprensión e o seguemento das obras.
Clever Classics é un tributo á herdanza cultural da literatura Anglosaxona en clave de humor. Clever Pants ofrece unha divertida posta en escena de versións adaptadas de clásicos da literatura e o cine.
En School's Out, Danny desexa as ansiadas vacacións de verán cando remata o curso, pero a súa intención de disfrutar de un tempo de lecer extraordinario frustrase ao ter que conseguir un traballo. A desbordante imaxinación do protagonista proporciona unha saída da súa realidade, e unha fonte de heroicas aventuras...

Distribuir contido