ÉXITO ROTUNDO DO IES DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE

Dos 24 equipos participantes de todo Galicia na fase preliminar do Paralmento Xove, o equipo 1 (alumando de 2º de Bac) do IES de Becerreá resultou GAÑADOR, encabezando a clasificación (preme aquí) con 98,75 puntos e vencendo nos tres debates con moita claridade, despois de que o sorteo os enmarcara nun grupo difícil, con equipos moi experimentados; o Colexio San Estanislao de Kostka, o Colexio Galén (Lugo) e o IES de A Pinguela (Monforte), estes últimos subcampións da última edición. Participará, pois, na fase final entre os 8 mellores equipos. Menos fortuna no resultado, pero igual destreza nos debates, tivo o equipo 2 (alumnado de 1º de BAC), debutante na competición e que queda fora da rolda final ao vencer só no primeiro debate contra o IES Montecastelo de Burela. No colmo da mala sorte, este segundo equipo acada 90,50 puntos!!, o que o converte na cuarta mellor puntuación do total de 24 equipos, pero como a clasificación se acada polo número de vitorias, quedan eliminados (perderon o segundo debate por 1.5 puntos: 30.75 contra 32.50, e o terceiro por 0.75!!!: 30.75 por 31.50 dos contrincantes), o que impide algo ata agora inédito: dous equipos do mesmo centro na fase final (só 6 centros presentaros dúas formacións ao concurso). Este tipo de derrotas soan a inxustiza divina, aínda que recibiron unha mención especial por parte do xurado pola puntuación acadada. En calquera caso, queda ben claro que hai unha canteira inmellorable para futuras edicións. E con respecto aos oradores, María Fontal (equipo 1), resultou seleccionada entre os tres melloresParabéns para tod@s polo seu papel e o esforzo realizado. Informaremos sobre o desenvolvemento da fase final, na que parece que o noso equipo é a formación a batir... Pásate por www.parlamentoxove.com para ter información ao detalle, e aquí se queres ver imaxes dos debates.