DOBRE REPRESENTACIÓN TEATRAL EN INGLÉS NO INSTI

O mércores 19 de xaneiro do 2011 o grupo de teatro Clever Pants representou no noso centro dúas obras cómicas tituladas Clever Classics (BAC) e School's Out (ESO). Os shows resultaron ser entretidos e dinámicos xa que os actores intentaron que os nosos alumnos participaran activamente. A linguaxe empregada foi axeitada ao nivel do auditorio e ademáis a xestualidade dos actores facilitou a comprensión e o seguemento das obras.
Clever Classics é un tributo á herdanza cultural da literatura Anglosaxona en clave de humor. Clever Pants ofrece unha divertida posta en escena de versións adaptadas de clásicos da literatura e o cine.
En School's Out, Danny desexa as ansiadas vacacións de verán cando remata o curso, pero a súa intención de disfrutar de un tempo de lecer extraordinario frustrase ao ter que conseguir un traballo. A desbordante imaxinación do protagonista proporciona unha saída da súa realidade, e unha fonte de heroicas aventuras...
En liñas xerais, as dúas representacións resultaron axeitadas para os rapaces, ao tempo que moi divertidas, grazas á capacidade expresiva dos actores, ao atrezo, e ao feito de que o público fora parte da acción. Se queres ver unha selección de fotos da actuación, PREME SOBRE A FOTO.