CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2011

O venres 4 de marzo celebramos a chegada de Don Carnal seguindo o guión de anos anteriores, organizando todo os alumnos e alumnas de 4º da ESO, aos que lles agradecemos o esforzo e felicitamos polo éxito (PREME NA IMAXE para ver unha selección de fotos).

Comezamos coa procesión pagana para proceder á queima do espantallo.Cumprido o ritual do lume,pasamos ao segundo acto das celebración: o concurso de disfraces, este ano protagonizado polas comparsas. Impúxose, en dura loita debido á calidade dos participantes, a comparsa de trogloditas, formada por profesores/as e persoal non docente (14 en total, e iso que houbo algunha baixa inesperada). Para rematar e quedar tod@s con bo sabor de boca, degustación dos doces que se presentaban este ano a concurso (e vaia nivel que había). Quedaron segundas Aida e Andrea, de 4º da ESO, e escolleuse como primeiro (en realidade, calaquera podía ter gañado) o doce presentado pola profesora Ana Canabal. Agradecemos aos alumn@s e profesores/as que se tomaron a molestia de agasallarnos con estas delicias o seu esforzo e colaboración para que o resultado fora tan bo.

Dentro dun ano, un novo capítulo desta festa. Participade!