Skip to Content

Administrativo

Departamento de Administrativo

Saída didáctica do proxecto A PEGADA DO LOBO

15/02/2018 17:00
17/02/2018 20:00
Etc/GMT+1
Os departamentos de Administración e Finanzas, Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Inglés, EPV e Filosofía organizaron dende o pasado xoves 15 de febreiro ao sábado 17 unha saída co alumnado de 4º ESO e de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
 
Esta saída enmárcase dentro do proxecto "A pegada do lobo", que se está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
Na seguinte foto vemos ao alumnado visitando o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria - Zamora) e o Caurel.
 
O profesorado acompañante foron Pilar Carro Loureiro e Juan José Hermida Lago.
 
Máis info picando neste enlace.
 
 

Bolsas de mobilidade para o Ciclo Superior de Administración e Finanzas

19/09/2017 08:20
19/09/2017 14:00
Etc/GMT+1

Convócanse dúas bolsas para estudantes ou persoas tituladas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, para realizar unha mobilidade de 90 días en Portugal. Estas bolsas teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, como parte do módulo da FCT, e polo tanto acreditada dentro do título de Técnico superior, ou ben como titulado/a, para completar a súa formación técnica.

As solicitudes presentaranse entre o 15 e o 22 de setembro de 2017.
As persoas interesadas presentarán aos seus titores e titoras os seguintes documentos:  

  • Solicitude (pódese pedir un modelo á titora ou titor).
  • Curriculum europeo (español). 
  • Carta de motivación, dirixida ao equipo educativo (arquivo de word libre, indicar nome e data).
logotipo
Convenio 2017-1-ES01-KA103-037774 

 

Bolsas de mobilidade para Ciclos Medios

15/09/2017 00:20
22/09/2017 14:00
Etc/GMT+1

Convócanse dez bolsas para realizar unha mobilidade de 80 días en Portugal, de abril a xuño de 2018. Estas bolsas teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, como parte do módulo da FCT, e polo tanto acreditada dentro do título de técnico.

Pode solicitala o alumnado de Sistemas Microinformáticos e Redes (3 bolsas para Portugal), Carrozaría e Electromecánica de Vehículos (4 bolsas para Portugal) e Xestión Administrativa (3 bolsas para Portugal).

As solicitudes presentaranse entre o 15 e o 22 de setembro de 2017.

As persoas interesadas presentarán a titoras e titores os seguintes documentos:

  • A solicitude (pódese pedir un modelo á titora ou titor).
  • Curriculum europeo (español).
  • Carta de motivación, dirixida ao equipo educativo (arquivo de word libre, indicar nome e data).
 
Convenio 2017-1-ES01-KA102-037591 

 

Concesión do Proxecto Erasmus+ K103

Acaba de serlle concedido ao noso centro o Proxecto de Mobilidade de Educación Superior Erasmus + K103 para o vindeiro curso. Contamos con dúas bolsas para o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, coa finalidade de realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) no estranxeiro, concretamente en Lisboa.
Distribuir contido


by Dr. Radut