Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Xornadas de Medio Ambiente

14/06/2017 10:39
Etc/GMT+1

I Xornadas de Medioambiente

07/06/2017 10:00
08/06/2017 12:00
Etc/GMT+1

 

 

Alumnado de 4º de ESO visita o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira

19/04/2017 10:00
Etc/GMT+1

Un grupo multidisciplinar de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acompañados polo profesorado Mª Luisa Guerra e Juan Hermida, visitaron o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira o pasado mércores 19 de abril.

Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións do museo onde se poden ver as distintas especies de animais que poboan o esteiro do río Miño. Tamén se puideron achegar ás artes tradicionais de pesca de especies de enorme importancia económica nesta zona, tales como a anguía ou a lamprea.

A visita incluíu unha saída nunha embarcación polo esteiro onde puideron ver os distintos aparatos que os investigadores utilizan para o estudo do medio mariño (sonda multiparamétrica, botella Nansen ou mallas para plancton).

O esteiro do río Miño está a sufrir profundas transformacións que afectan á conservación do seu estado natural. A construción de encoros ao longo do río afecta á bioloxía das especies migratorias tales como o salmón, a anguía ou a lamprea. Tamén a introdución de especies alóctonas supón a desaparición das especies autóctonas e a diminución da biodiversidade. A presenza destas novas especies vese favorecida ademáis polo cambio climático que axuda ao desenvolvemento destas novas especies á vez que as especies adaptadas a estas augas se desplazan a latitudes máis ao norte en busca de augas máis frías.

Aves de Galicia

Vistas da exposición

Ata o día 23 de marzo podedes gozar da exposición “Aves de Galicia” que se exhibe no vestíbulo do instituto.

A través desta exposición tedes a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podedes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para afeccionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva.

A exposición foi cedida gratuitamente polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Distribuir contido


by Dr. Radut