Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Exposición "Galicia no lombo da balea"

Durante esta semana, o IES A Sangriña acolle a exposición "Galicia no lombo da balea".

Trátase dunha exposición elaborada pola CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) adicada á caza da balea en Galicia. Ademáis de paneis informativos a exposición contén diversas pezas do esqueleto de diversos mamíferos mariños, instrumentos tradicionais para o manexo das baleas nas factorias, utensilios feitos con osos de balea e dentes, etc.

O venres 16 de maio o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistirán a unha charla desenvolvida por personal da CEMMA.

 

  

 

 

Conferencia sobre "sobreexplotación pesqueira"

O pasado 9 de maio, alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiron a unha conferencia impartida por Isabel Riveiro, sobre a sobreexplotación pesqueira.

Isabel Riveiro é doctora en Ciencias do Mar e investigadora no Instituto Español de Oceanografía (IEO). Desenvolve o seu traballo de investigación en ecoloxía de animais peláxicos. Durante a súa ponencia Isabel Riveiro analizou as causas da sobreexplotación dos bancos pesqueiros asociadas principalmente ó exceso de frota pesqueira e o elevado número de descartes, polos que se capturan e desbotan gran cantidade de especies que carecen de interés comercial. Entre as posibles causas a este problema, Isabel Riveiro falou da necesidade de coñecer as poboacións naturais a través dos datos das capturas e das campañas científicas; da necesidade de coñecer a comunidade de seres vivos que cohabitan nun mesmo ecosistema; das medidas legais adoptadas (tallas mínimas, vedas, áreas mariñas protexidas, control de capturas, etc) e da necesidade de sensibilización social.

A conferencia foi organizada gracias á colaboración que o IES A Sangriña ten co Campus do Mar da Universidade de Vigo a través dos contratos programa ó abeiro do Proxecto Oceantica que pretende achegar a investigación científica ó alumnado de secundaria.

A farmacia natural


 

O alumnado de 1º ESO vai participar ao longo deste curso no proxecto da Fundación Barrié A Farmacia Natural.

A Farmacia Natural é un proxecto didáctico innovador para o achegamento do alumnado á investigación botánica e a utilización tradicional das plantas e os seus principios activos con fins medicinais.

O obxectivo básico do programa é contribuír a mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe das plantas e o seu uso no ámbito medicinal, ao mesmo tempo que achegar ás aulas a investigación e a forma de traballar propia da ciencia contribuíndo a espertar vocacións científicas entre o alumnado.

Os alumnos e as alumnas, a través da súa participación na experiencia e co apoio dos materiais didácticos subministrados, desenvolverán as súas propias conclusións a partir da utilización do esquema utilizado polos científicos nas súas investigacións.

Os obxectivos didácticos son, entre outros:

Proxecto "Unha cebra na auga"

¿Qué é Unha Cebra na Auga?

Unha Cebra na Agua é un proxecto educativo de divulgación do método científico e das novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación co peixe cebra, modelo que supón un acercamento ó mundo da investigación co propósito de incentivar vocacións científicas entre estudantes de secundaria de Galicia. No proxecto participa o alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

¿Por qué o peixe cebra?: O peixe cebra converteuse no organismo modelo idóneo para a experimentación nas principais áreas de investigación científica, compartindo importancia co rato como especie modelo de vertebrados.

Obxetivos da experiencia

O proxecto pretende acercar a experiencia científica á aula coa realización de experimentos cun organismo vivo e así incentivar as vocaciones científicas na educación secundaria.

Obxectivos:

Distribuir contido


by Dr. Radut