No IES A Sangriña contamos cun espazo en Internet onde os e as docentes poden solicitar tanto a solución de problemas informáticos como axuda para a xestión da aula virtual do centro.
Para acceder a esta web, o profesorado só ten que ingresar no curso da aula virtual chamado "ESPAZO PROFESORADO" e, dentro do mesmo, no apartado "PROBLEMAS INFORMÁTICOS E NO MOODLE". Aquí existen formularios predefinidos para:
- Notificar incidencias informáticas.
- Solicitar a creación de usuarios para novos alumnos na aula virtual.
- Solicitar a creación de novos cursos na aula virtual.
- Facer consultas relativas á aula virtual.
Para entrar no curso pulsa a seguinte ligazón: ESPAZO PROFESORADO