Skip to Content

Noticias TIC

Noticias relacionadas cas tendencias máis novedosas no que a internet se refire

VI Premio Galicia Innovación júnior

portada do diptico da convocatoria do concurso

Co lema "todo ten a súa ciencia" convócase o VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JÚNIOR no que poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, ben de forma individual ou en grupos de 3 persoas como máximo.

Un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda obteñen un premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores.

grupo de traballo

 

O IES A Sangriña Nas Primeiras Xornadas de Software Libre no Ensino

No mes de outubro de 2007, durante catro días, celebráronse as xornadas as “I Xornadas de software libre no ensino” organizadas por “Ourense Software Libre”.

Dentro destas xornadas, o día 20 de outubro, José Antonio Martínez Lista Asesor Técnico da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos expuxo a súa ponencia “Webs Dinámicas, webs nos centros educativos baseadas en Software Libre”.

Recuperamos a presentación de diapositivas da ponencia onde cita, ademais doutros institutos, ao IES A SANGRIÑA como exemplo no uso de Webs Dinámicas baseadas en Software Libre, tanto da plataforma DRUPAL “sangrinha.es”, sobre a que está construída o noso portal. como do MOODLE “sangrinha.com”, sobre o que temos as nosas aulas virtuais.

Terremotos en tempo real

O programa EathQuake permite visualizar un globo terráqueo e sobre el os terremotos de unha escala maior de 2,5 que se están producir en todo o mundo en tempo real. A información é aportada pola USCG (Unidade Xeolóxica dos Estado Unidos).

O programa non necesita instalación, descargámolo, descomprimímolo e executámolo. Ten distintas opcións de visualización e a posibilidade de axustar a visualización dos tremores a partir dunha magnitude determinada.

terremotos sobre a terra

Distribuir contido


by Dr. Radut