Skip to Content

Un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda obteñen un premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores.

grupo de traballo

 

A Xunta concede os premios aos mellores recursos educativos para a Sociedade da Información

O Diario Oficial de Galicia do día 18/12/2007 publicou unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino secundario financiados con fondos públicos. Os galardóns foran convocados por Educación e mais Industria no mes de xuño.

Na modalidade de materiais curriculares web o 1º premio foi para o traballo : A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial , realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda, coordinados por Antonio Lomba Baz profesor de Tecnoloxía.

Os demais membros deste grupo de traballo son:

Javier Crespo González. Profesor de Xeografía e Historia

Francisco Vergara Leonardo. Profesor de Matemáticas.

Ramón Quiroga Barro. Profesor de Lingua Galega

Manuel Carrera Martínez. Profesor de Tecnoloxía

Ramón Delgado Sotorrío. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

O recurso educativo premiado é o froito de tres anos de traballo e investigación deste grupo de profesores que contaron cun numeroso grupo de colaboradores.

O resultado final é unha páxina web multimedia e interactiva, que emprega as últimas tecnoloxías de para a elaboración deste tipo de materiais, na que se aborda a auga e a enerxía hidráulica dende a perspectiva das distintas especialidades dos autores. A páxina pode visualizarse na dirección:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/auga/



story | by Dr. Radut