Skip to Content

Matemáticas

Rally Científico e Matemático sen Fronteiras 2020

Hoxe traémosvos unha boa nova! Un grupiño de rapazas e rapaces de 1º de ESO quedou seleccionado para concursar na final galega do Rally Matemático, tras realizar o exame o pasado día 10 de marzo.

O equipo participante está formado por alumnado de dous grupos, 1º ESO B e 1º ESO C. De 1º ESO B son Arantxa Baz Martínez, Ángela Lomba Adrover, Roberto Martínez Alonso e Raquel Méndez Rosales; de 1º ESO C, Bruno Alonso Alonso, Aleixo Constenla Ferradáns, Miguel Domínguez Vasconcellos e Paula Durán Baz.

A fase galega celebrarase, supostamente, o día 16 de abril na Facultade de Química de Santiago de Compostela.

Parabéns, rapazada!

Máis información na web de Igaciencia: http://www.igaciencia.eu/

II Concurso de Fotografía Matemática

O Departamento de Matemáticas convoca un ano máis o Concurso de Fotografía Matemática, para celebrar o Día de π, que non podía ser outro día máis ca o 14 de marzo.

O concurso está aberto ata o día 28 de febreiro; tendes as bases no arquivo adxunto.

Animádevos a participar!

Amigos de Pi

Recentemente, o Departamento de Matemáticas celebrou un concurso co gallo do Día de Pi, que consistía en realizar unha fotografía cun motivo matemático.

Concursaban en dúas categorías. Na primeira, para 1º, 2º e 3º de ESO, resultaron ganadoras as fotos "A chuvia do mundo xeométrico", de África Vicente Baz, de 1º C, e "Cubos", de Álex Álvarez Lomba, de 2º C. Na segunda categoría, 4º de ESO, Bacharelato, ciclos e persoas adultas, "Sumando buen tiempo" de Carlos González, de 4º A, e "Triángulos colgantes" de Nerea Álvarez, tamén de 4º A, foron as obras premiadas.

As persoas premiadas recibiron cadansúa calculadora científica. As fotografías do certame están expostas no vestíbulo do instituto.

Parabéns a todas e todos e grazas pola vosa participación!

"A chuvia do mundo xeométrico"

"Cubos"

"Sumando buen tiempo"

CAMPIONATO GALEGO RALLY MATEMÁTICO 2018

O pasado luns 9 de abril, o alumnado de 1ºESO A
 
Iria Álvarez Carrera, María Constenla Ferradas, Xoana Fidalgo Crespo, Sara Lomba Seves, Martha Martínez Rodríguez, Lara Rial Vicente, Iago Soler Lomba e Kimberly Trinidad Cividanes
 
acadaron o 3º posto no campionato galego de rally matemático 2018.
 
A competición tivo lugar en Santiago de Compostela dende as 08:20 ata as 18:30, e estiveron acompañados polo profesorado do Departamento de Matemáticas Laura Martínez Fernández e Carmen López Fernández.
 
Parabéns rapazada!
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut