Skip to Content

Rally Científico e Matemático sen Fronteiras 2020

Hoxe traémosvos unha boa nova! Un grupiño de rapazas e rapaces de 1º de ESO quedou seleccionado para concursar na final galega do Rally Matemático, tras realizar o exame o pasado día 10 de marzo.

O equipo participante está formado por alumnado de dous grupos, 1º ESO B e 1º ESO C. De 1º ESO B son Arantxa Baz Martínez, Ángela Lomba Adrover, Roberto Martínez Alonso e Raquel Méndez Rosales; de 1º ESO C, Bruno Alonso Alonso, Aleixo Constenla Ferradáns, Miguel Domínguez Vasconcellos e Paula Durán Baz.

A fase galega celebrarase, supostamente, o día 16 de abril na Facultade de Química de Santiago de Compostela.

Parabéns, rapazada!

Máis información na web de Igaciencia: http://www.igaciencia.eu/



story | by Dr. Radut