Tres estudantes do IES A Sangriña están a participar no XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. O concurso, que consiste na presentación dunha fotografía que garde relación coas matemáticas, ten un apartado de votación popular no cal calquera persoa con dirección de correo electrónico pode realizar o seu voto.
Desde o Departamento de Matemáticas animámosvos a botarlle un ollo as fotografías que participan, facendo fincapé nas dos nosos compañeiros Marcos Patiño, Tamara Rodríguez e Alejandro Baz, ambos os tres de 1º de Bacharelato.
Deixámovos as fotografías presentadas por cada un deles e a ligazón para acceder a páxina onde podedes votar as fotografías:
- "Sil-metría" : Tamara Rodríguez.
- "cosx = sen x - 1" : Marco Patiño.
- "O pequeno é ao grande como o grande é a todo": Alejandro Baz.
Enlace ao blog do IES Carlos Casares (para votar):
http://ochoupindixital.blogspot.com.es/2017/05/concurso-de-fotografia-matematica.html
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración.