Skip to Content

Pegada Ecolóxica

Día Mundial do Medio Ambiente

08/06/2016 00:27
Etc/GMT+1

O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha
data que queremos celebrar e compartir con toda a comunidade educativa
do IES A Sangriña. Tamén queremos amosar o noso agradecemento a todas
aquelas persoas do noso Centro, que ao longo destes últimos anos, se
levan implicado activamente no fomento e defensa do noso entorno
natural. No seguinte enlace podedes visualizar un pequeno video que
resume algunhas das moitas actividades levadas a cabo por estes e estas
entusiastas do medio ambiente.

(Clica na imaxe para ver o video)

5 de xuño. Día mundial do Medio Ambiente

Dende 1973, cada 5 de xuño, todos os habitantes do planeta temos un día para celebrar, reflexionar e levar a cabo medidas de acción que axuden a preservar o noso entorno natural. Temos unha oportunidade para aprender da experiencia adquirida e motivarnos para tomar as medidas necesarias para lograr milloras duradeiras, e para que mediante estas medidas, quede asegurada a capacidade do planeta de soster ás xeracións futuras.

Tamén se festexa o 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos, que este ano baixo o lema "Xuntos temos o poder de protexer o océano" pretende que todos e todas nós recordemos o gran papel que o medio mariño xoga nas nosas vidas. Os océanos, ademáis da súa beleza e de ser o hábitat de miles de especies, proporcionan alimento, riqueza, menciñas.., e constitúen tamén a maior fonte de osíxeno que respiramos.

No seguinte enlace, podedes atopar multitude de películas sobre temática ambiental que nos farán reflexionar sobre a importancia de que, entre todos e todas, coidemos deste pequeno punto azul perdido no espazo que é a Terra.

Fai click aquí

Reforestemos 2013. Programa Voz Natura, estratexia ReC.

07/02/2013 00:20
07/02/2013 14:00
Etc/GMT+2

O xoves 7 de febreiro de 2013, e por segundo ano consecutivo, realizamos unha reforestación con árbores autóctonas (100 carballos e 23 castiñeiros) na parcela cedida polos nosos colaboradores da Comunidade de Montes en Man Común de San Miguel de Tabagón e Pías (O Rosal) e grazas á participación no Programa Voz Natura “BUSCA ALTERNATIVAS”. A finalidade é levar a cabo unha estratexia ReC, isto é, reducir e compensar a pegada ecolóxica, esas 657 toneladas de CO2 emitidas polo centro o curso pasado, ademais de crear un espazo de lecer.

IES A Sangriña en RADIOVOZ. Reforestemos

Escoita a entrevista en RadioVoz no día da reforestación.

Grazas e noraboa a todos e a todas.

Distribuir contido


by Dr. Radut