Skip to Content

Pegada Ecolóxica

O SEPRONA imparte unha charla sobre as consecuencias dos incendios forestais

A Pegada Ecolóxica do IES A Sangriña, calculada o ano pasado, permitíu establecer a estratexia ReC de reducción e compensación das emisións de gases de efecto invernadoiro. Nesta liña o IES A Sangriña desenvolve o Programa Voz Natura no que participa o Centro xunto coa comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza e na que colabora a Guardia Civil a través do SEPRONA, este xoves 26 impartíuse unha charla sobre PREVENCIÓN de INCENDIOS FORESTAIS para alumnos de 1º e 2º ciclo da E.S.O.

Relacionados con este programa o xoves 23 de Febreiro realízaremos unha REFORESTACIÓN para compensar a nosa pegada ecolóxica en colaboración Co Centro S. Xerome, a Comunidade de Montes en Man Común de Tabagón e o Servizo Provincial de Montes. Se queres participar nesta actividade de reforestación ponte en contacto coa Xefatura de Estudos.

A pegada ecolóxica do IES A Sangriña na Axenda 21 Escolar de Galicia

A Pegada Ecolóxica (PE) é un indicador de índice único que permite cuantificar o impacto das actividades humanas sobre os ecosistemas así como establecer as medidas correctoras para paliar ditos impactos. Este indicador pode aplicarse a diversas escalas e deste xeito xorde a PE Corporativa (PEC) aplicada a institucións ou a calquera tipo de empresas. Neste traballo realizouse o cálculo da PEC do IES A Sangriña (A Guarda, Pontevedra). Cuantificáronse os recursos materiais, enerxéticos e de mobilidade consumidos e os residuos emitidos durante o ano 2010 e aplicáronse os parámetros de conversión de cada un deles para estimar a cantidade de CO2 emitido. A cantidade anual neta estimada de CO2 emitido foi de 650 toneladas (0,58 tCO2 per capita). Os resultados indican que a mobilidade é a principal fonte de emisión de CO2 de toda a actividade do centro (76,7%) seguido da actividade de mantemento do edificio (8,8%), consumo eléctrico (7,2%) e o consumo de gasoleo de calefacción (6,9%). O profesorado resultou ser a clase con maior emisión de CO2 derivado da mobilidade (1,78 tCO2 per capita). Tendo en conta a taxa de absorción de CO2 polos bosques atlánticos, serían necesarias 104 ha para compensar as emisións de CO2.

Distribuir contido


by Dr. Radut