Skip to Content

Dinamización da Biblioteca

ASALTO LECTOR 2022

O asalto lector é unha actividade organizada pola Bibliotrega Magdalega Garabatos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa que o profesorado e o alumnado do IES A Sangriña celebramos o día do libro 2022.

Letras Galegas 2022

Esta é a programación do IES A Sangriña para as Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Podedes descargar o programa no documento adxunto.

Entrega de premios do Concurso de lettering Rosalía de Castro, IV Concurso de Ilustración e do Certame de poesía Tigres coma cabalos

Este é o vídeo do acto de entrega de premios do Concurso de lettering Rosalía de Castro, do IV Concurso de Ilustración e do Certame de poesía Tigres coma cabalos organizados pola Bibliotrega Magdalena Garabatos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Sangriña.

Parabéns ás gañadoras e a todos os participantes!

 

CONCURSO DE FOTO + DISFRAZ + LITERARIO

A Bibliotrega Magdalena Garabatos e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Sangriña convídante a celebrar o Día do Libro con este concurso de fotografía literaria.

Só tes que disfrazarte dunha personaxe famosa dunha novela, conto tradicional, cómic... e sacar unha foto á que engadas unha frase en galego que sexa representativa do libro.

O premio elíxelo ti!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut