Skip to Content

Dinamización da Biblioteca

DECLARACIÓNS DE AMOR PREMIADAS NO CONCURSO FALEMOS DE AMOR

ORGANIZADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PROGRAMA ÉXITO ESCOLAR LINGUAS  

CATEGORÍA A 

1º PREMIO 

Pérdome no teu corpo,
atópome nos teus beizos.

percorro a túa cara,
os teus cabelos de palla.

Acaricio o teu pescozo,
estou cheo de gozo.

Chego ao teu embigo,
pero eu prosigo.

Sinto as túas pernas,
es ti quen me gobernas.

Chego á fin,
creo que cumprín. 

Óscar Rodríguez Goyás  

2º PREMIO  

Ai! Ramiro, Ramiro....
a ti, esta carta che escribo...
para que saibas que te quero
porque eu sen ti non podo...
 
Gústasme dende que eramos nenos
cando contabamos cos dedos...
preciso que veñas aquí,
non aguanto máis sen ti...
 
Dáme un bico,unha mirada...
só mirame á cara....
Dime que me queres...
se o meu amigo es...
 

Clara Álvarez Garcés  

CATEGORÍA B 

1º PREMIO 

Chove…

E cada gota

é coma un bico.

Os teus bicos ausentes

que agora recordo

Sufro… 

Chove…

E agora non sei onde estás

só quero volver a verte

e que todo volva ser coma antes.

Non podo vivir

Se ti non estás… 

Carlos Velasco Gómez  

2º PREMIO 

Cando digo o teu nome penso nunha flor
nunha flor penso cando digo o teu nome
se tanto me queres dáme o teu amor
porque senón ficarei sen nome.
 

Iván Rodríguez Peña

Abril 2010

Campaña de animación á lectura no Nadal


Manual do programa Meiga

No seguinte arquivo adxunto podese consultar o funcionamento do programa Meiga que xestiona a biblioteca do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut