Skip to Content

Concurso de ideas Kenneu: "Oportunidades sen ir máis lonxe"

05/11/2012 18:30
05/11/2012 19:30
Etc/GMT+2

Convócase a unha reunión para o día 5 de novembro ás 18:30 horas na aula 14.

Intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque, outubro de 2012.

16/10/2012 00:20
23/10/2012 22:00
Etc/GMT+2

Un grupo de alumnos de 2º e 3º de ESO do IES A Sangriña participa esta semana -do 16 ao 23 de outubro de 2012- no intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque. Entre as actividades, ademais da visita a París, están previstos varios talleres organizados conxuntamente por todas as institucións participantes no Comenius REGIO sobre integración de persoas con algún tipo de discapacidade.

Dunkerque

Asemblea xeral ordinaria da ANPA

A ANPA convoca unha Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará
o vindeiro venres 28 de setembro as 20:30 horas, en 1ª convocatoria e ás 21:00
horas en 2ª convocatoria, no salón de actos do IES A SANGRIÑA co seguinte orde do día:

- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.

- Alternativa de seguro escolar para fillos e fillas das persoas asociadas á ANPA

- Proposición de cambio de entidade financeira da conta da ANPA

- Proxecto de creación dun banco de libros

- Proposición de actividades extraescolares

- Suxestións, rogos e preguntas.

 

Na sesión da xunta, acudirá unha representación da Dirección do Centro para aclarar o que os presentes
estimen conveniente.

Concerto de fin de curso. Dpto. Música 2012

O xoves 24 de maio, os alumnos e alumnas do IES A Sangriña ofreceron un concerto no que interpretaron un repertorio musical e instrumental moi variado: obras tradicionais galegas, adaptacións de musicais, cancións en inglés, ...

Nos seguintes vídeos inclúense algúns fragmentos da actuación. 


Vídeo das alumnas de 3º E. Plástica e Visual

Vídeo feito coa técnica de stop motion por Sabela González, Judit Vicente e Inés Vázquez para a materia de 3º Educación Plástica e Visual. IES A Sangriña 2012

Probas libres Ciclo Medio Electromecánica de Vehículos

(Orde
do 22 de xuño de 2012 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos
dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de
ordenación xeral do sistema educativo - DOG do 3 de xullo de 20102)

A ANPA bota a andar o seu BLOG

A ANPA do IES A Sangriña pón en marcha o seu BLOG coa finalidade de informar ás familias do alumnado de diversos aspectos relacionados co ensino e as súas actividades no instituto.

VI certame de poesía XELA ARIAS

21/06/2012 20:30
21/06/2012 22:30
Etc/GMT+2
 
De novo, o IES A Sangriña organiza o Certame de Poesía homenaxe á poeta, que foi profesora do instituto, Xela Arias Castaño. O acto literario celebrarase este ano na Libraría Ler da Guarda, o día 21 de xuño ás 20.30 horas.
Este ano contaremos coa escritora e profesora Olivia Pena para lembrar a importancia da poeta, tamén teremos a oportunidade de escoitar algún dos seus poemas acompañados pola música de Alfredo Garrido. Finalmente coñeceremos os poemas gañadores do certame e farase a entrega dos premios aos mozos e mozas poetas.
Desde a Dirección do IES A Sangriña convidámosvos a asisitir a este acto. As persoas que asistan recibirán un "agasallo poético".

Visita ó Camiño (Cebreiro - Triacastela - Samos)

Alumnado do comité ambiental da Axenda 21 Escolar, do grupo de normalización Lingüística e de Contratos Programa, visitaron o tramos do Camiño de Santiago entre o Cebreiro e Samos.

Poemas gañadores do VI certame de poesía Xela Arias

O 18 de xuño, o xurado do VI
Certame de poesía Xela Arias acordou outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA A (12 A 15 ANOS):

1º PREMIO: MARCELA PORTO MATO,
alumna do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.

2º PREMIO: NOELIA REY CANEDA,
alumna do IES de Sanxenxo (Pontevedra).

MENCIÓN ESPECIAL: MARCELA PORTO
MATO

CATEGORÍA B (16 A 20 ANOS):

Distribuir contido


by Dr. Radut