Skip to Content

1ª reunión Comenius Regio

Durante os días 5, 6 e 7 de Outubro de 2011 terá lugar no noso IES a primeira reunión internacional de Comenius Regio.

Comenius Multilateral

No seguinte enlace tedes toda a información sobre o proxecto Comenius multilateral que se está desenvolvendo no noso centro en colaboración con outras escolas de Italia, Portugal, Turquía, Grecia, Rumanía, Bulgaria, Noruega, Lituania y Polonia. O obxectivo é formar ós futuros profesores europeos baixo a estratexia de Lisboa.

Asociación de escolas Comenius para a ensinanza das linguas menos estudiadas

No seguinte enlace tedes toda a información sobre a asociación Comenius con Dinamarca para a elaboración de materiais de español lingua extrannxeira especificamente deseñado para aprendices daneses.

Convocatoria reunión ANPA 2011-2012

09/09/2011 22:33
Etc/GMT+2

Estimados pais/nais, 

Pola presente fican convocados a Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro venres 9 de setembro no salón de actos do IES A Sangriña ás 20:00 horas cun único punto na  ORDE DO DÍA: 

  1. Formación da nova Xunta Directiva

Atentamente, 

Presidenta en funcións 

Hortensia García Díaz

Feria do libro usado

O IES A Sangriña calcula a súa Pegada Ecolóxica no ano 2010

A Pegada Ecolóxica (PE) é un indicador de índice único que permite cuantificar o impacto das actividades humanas sobre os ecosistemas así como establecer as medidas correctoras para paliar os ditos impactos. Este indicador pode aplicarse a diversas escalas e deste xeito xorde a PE Corporativa (PEC) aplicada a institucións ou a calquera tipo de empresas. Neste traballo realizouse o cálculo da PEC do IES A Sangriña (A Guarda, Pontevedra) para o ano 2010. Cuantificáronse os recursos materiais, enerxéticos e de mobilidade consumidos e os residuos emitidos durante o ano 2010 e aplicáronse os parámetros de conversión de cada un deles para estimar a cantidade de CO2 emitido. A cantidade anual neta estimada de CO2 emitido foi de 650 toneladas (0,58 tCO2 per capita). Os resultados indican que a mobilidade é a principal fonte de emisión de CO2 de toda a actividade do centro (76,7%) seguido da actividade de mantemento do edificio (8,8%), consumo eléctrico (7,2%) e o consumo de gasóleo de calefacción (6,9%). O profesorado resultou ser a clase con maior emisión de CO2 derivado da mobilidade (1,78 t CO2 per capita). Tendo en conta a taxa de absorción de CO2 polos bosques atlánticos, serían necesarias 104 ha para compensar as emisións de CO2.

Cos datos elabororáronse uns paneis explicativos que podes ver nas figuras adxuntas.

Para facilitar o cálculo da PEC doutros centros, desenvolveuse unha folla de cálculo dinámica que podes descargar no arquivo adxunto. Para calquera cuestión ou modificación da folla de cálculo, coa finalidade de adaptala ó teu centro, podes comunicarte cos autores a través do seguinte enderezo electrónico, jhermida@edu.xunta.es.

Proxeccións dos vídeos do alumnado de 3º ESO na materia de E Plástica e Visual

23/06/2011 12:20
23/06/2011 14:00
Etc/GMT+2

O xoves 23 das 12.20 a 14.00 h proxectaranse os vídeos realizados polo alumnado de 3º ESO na asignatura de E. Plástica e Visual. Convócase a todos os 3º para que acudan o salón de actos. A continuación una mostra dos traballos que se visualizarán.


videoclip (= por sumuipaz

Nova representación da Raíña Catarina e as súas fillas

22/06/2011 12:30
22/06/2011 14:00
Etc/GMT+2

O teatro do Falabarato do IES A Sangriña vólvenos ofrecer a representación da obra A Raíña Catarina e as súas fillas. Será o mércores 22 de xuño no instituto, ás doce e media da mañá para o alumnado de 1º e 4º de ESO e ás oito da tarde para as familias e todas as persoas que queiran asistir.

Reportaxe das coreografías do alumnado de 1º Bach

22/04/2011 11:00
22/04/2011 14:00
Etc/GMT+2

Alumnado de 1º de Bacharelato mostrou o traballo coreográfico realizado na segunda avaliación coa profesora de Educación física Susana Salvador.

Coreografías2010-11 por sumuipaz
Coreografías 2010-11(2) por sumuipaz
coreografías 2010-11(3) por sumuipaz
coreografías2011(4) por sumuipaz

V Certame de Poesía Xela Arias

13/06/2011 16:00
13/06/2011 18:00
Etc/GMT+2
Distribuir contido


by Dr. Radut