Skip to Content

Recollida do premio "Coperativismo no ensino"

Durante o presente curso escolar 2008/2009, o IES A SANGRIÑA participou no Certame de Cooperativismo no ensino dirixido a Centros de Formación Profesional na modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

O traballo presentado foi elaborado polas alumnas do 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas Ana Belén Solleiro da Cunha e Melisa Alvarez Pousa e dirixido pola Profesora do Instituto Concepción Villamarín Coego.

O proxecto premiado titulado “Mercado Tecnia” desenvolve a idea dunha empresa de servizos de márketing que ofrece propostas de investigación comercial, loxística comercial, marketing no punto de venda e xestión comercial a Pemes e microempresas principalmente.

Esta empresa de servizos de marketing estaria ubicada na Guarda e o seu radio de traballo sería toda a comarca do Baixo Miño, así como a zona norte de Portugal.

Para analizar a viabilidade deste proxecto empresrial, realizouse un estudo de mercado a pé de rua, estraendo conclusións tan interesantes coma que o 91% dos enquisados recoñece e valora a aportación do márketing ao crecemento da empresa. A maioría das empresas pertencen ao sector servizos e en moitas ocasións non recurren a estes servizos porque non dispoñen de tempo nin médios suficientes, ou porque non hai na zona ningunha empresa que llo realice.

Conclúe o proxecto con un plan de inversión e financiamento de cinco anos vista que ratifica a viabilidade do proxecto.

INTERCAMBIOS 2009-2010

O Departamento de Actividades Internacionais está preparando os intercambios para o curso 2009-10: 

2º ESO – Intercambio con MALLORCA ( España)  Aprox.  12 prazas.

3º ESO – Intercambio con DUNQUERQUE (Francia)  Aprox. 15 prazas.

1º BACH- Intercambio con TERNI (Italia )  Aprox.  15 prazas.

2º BACH – Intercambio con BORNHOLM (Dinamarca)  Aprox 24 prazas.

O gasto aproximado de cada intercambio é de 150 euros. A viaxe de ida depende do centro de acollida, unha vez comparados os respectivos calendarios escolares. As datas de acollida en A Guarda serán do 5 ao 12 de abril.

Para apuntarse ou solucionar posibles dúbidas, escribe ao seguinte e-mail: intercambios.sangrina@hotmail.es 

 

Manual do programa Meiga

No seguinte arquivo adxunto podese consultar o funcionamento do programa Meiga que xestiona a biblioteca do Centro.

Excursión fin de curso 1º ESO, xuño 2009

O último día do curso os alumnos-as de 1º de ESO foron á Praía da Lamiña-Armona, acompañados de Olga, Arsenio, Pepe e Víctor. Alí realizaron actividades de E. Físisca e Ciencias da Natureza que non se poden realizar no IES. Pero tamén houbo tempo para o lecer, tal como amosa a fotografía.

Distribuir contido


by Dr. Radut