Skip to Content

Visítanos a escritora Sonia Mirón

Sonia Mirón IES A SANGRIÑA

Este venres 24 de maio visitounos Sonia Mirón, autora da novela xuvenil e ex profesora do IES A Sangriña. Sonia conversou co noso alumnado de 1º de ESO sobre o que significa para ela a escrita, sobre as súas obras e sobre a profesión de escritora nunha animada conversa organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Sonia Mirón naceu en Vigo en 1970. É licenciada en Filoloxía Hispánica e, dende hai anos, imparte clases de Lingua e Literatura en institutos, e como titora na UNED. Colaborou como columnista de opinión en diferentes xornais impresos (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Atlántico Diario) ou xornais dixitais (Mundiario.com). Tamén escribiu reportaxes para revistas de viaxes como Turismo Rural ou National Geographic. Gañadora dun accésit na categoría de relato no Premio Leopoldo Alas (2005), publicou varios contos en diversas antoloxías. É autora de varias entrevistas e críticas para diferentes publicacións. As súas novelas para mozos Si tú quieres, Un sol dentro de mí, Mi corazón en una caja de zapatos e No son mariposas, son elefantes teñen un grande éxito entre o público adolescente e son de lectura recomendada en numerosos centros de ensino secundario.

Álbum de fotos do FESTIVAL DAS LETRAS '24

Festival das letras Sangriña 24

No IES A Sangriña fixemos unha grande festa para celebrar o Día das Letras Galegas. Na mañá do día 16 de maio bailamos e cantamos nun fantástico festival de música no que tocaron en directo The Tetas’ Van e MJ Pérez. Esta actividade organízouse en colaboración co Concello da Guarda e con financiamento da Deputación de Pontevedra.

Moitísmas grazas ás bandas pola súa implicación e colaboración. Pasámolo xenial!!!

Podes ver o álbum de fotos do festival aquí.

Como xestionar mellor a túa economía?

Como xestionar as túas finanzas IES A Sangriña

Esta mañá, da man de Eduemprende, visitou o noso centro Alberto Valverde, Director da oficina do Banco de Santander da Guarda. A conferencia, organizada polo Departamento de Administración  encádrase no programa "Finanzas para mortais" da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Na sesión, tratáronse os seguintes contidos.

  • Manexo de contas bancarias
  • Os aforros e os productos de inversión
  • Operacións financeiras
  • Medios de pago no extranxeiro

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Fondo libros Sangriña 2024

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros.

PRAZO: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

INFORMACIÓN DE INTERESE:

Distribuir contido


by Dr. Radut