Skip to Content

Obradoiro de creación de curtas.

Un grupo de alumnos e alumnas do noso centro asistiu ao longo deste curso a un obradoiro de creación de curtas, impartido por Illa Bufarda. Trátase dunha actividade do proxecto "A arte da comunicación", enmarcada nos contratos-programa.

Este alumnado realizou unha serie de traballos sobre a comunicación, entre os que destaca a seguinte curta, A supercapa, unha reflexión sobre os micromachismos presentes no ambiente en que nos movemos. O traballo ten como obxectivo final a prevención da violencia de xénero.



story | by Dr. Radut