Física e Química
Día mundial do Medio Ambiente
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/06/2023 - 07:18O alumnado de cultura científica de 4ºESO realizou un photocall para o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.
Todo o centro puido disfrutar dunha foto ese día.
Visita a DOMUS e a Casa das Ciencias
Enviado por Anónimo o Dom, 21/05/2023 - 08:34O alumando de 3ºESO realizou unha viaxe a A Coruña para visitar as exposicións da Domus e a Casa das Ciencias.
Realización do taller Bocados
Enviado por Anónimo o Dom, 21/05/2023 - 08:27O alumnado de Cultura Científica e Ciencias aplicadas de 4ºESO realizaron o taller Bocados levado a cabo na DOMUS, un taller onde descubriron a nutrición como nunca a viran, explorando cereais, facendo cociña molecular e aceptando o reto dun concurso moi sabroso.
Visita ao MUNCYT e a Casa das Ciencias
Enviado por Anónimo o Dom, 21/05/2023 - 08:02O alumnado de 2ºESO realizou unha viaxe a A Coruña para visitar o MUNCYT e a Casa das Ciencias.
Participación en Reimagina la Ciencia
Enviado por Anónimo o Dom, 21/05/2023 - 07:58O alumnado de cultura científica de 4ºESO está a participar no programa Reimagina la Ciencia Galicia organizado por Big Van Ciencia.
O pasado 4 de maio asistiron a un espectáculo de monólogos científicos e posteriormente levarán a cabo na aula a creación das súas propias pezas artísticas audiovisuais falando de ensaios clínicos.
Charla de Óptica Xeométrica
Enviado por fermin.cambeiro o Ven, 31/03/2023 - 05:28O pasado mércores 29 de Marzo, o catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Jose Benito Vázquez, impartiu unha charla práctica de óptica xeométirca para o alumnado de física e química de 1º e 2º de bacharelato. Deixamos a continuación algunha das instantáneas sacadas durante a actividade:
Para ter máis información das actividades experimentais realizadas podes pinchar aquí.
Visita a Sotavento
Enviado por Anónimo o Ven, 31/03/2023 - 04:31O alumnado de 4ºESO visitou o parque eólico de Sotavento.
Nesta visita tiveron a oportunidade de ver por dentro un aeroxerador, unha casa bioclimática, realizar unha montaxe cunha placa solar e para rematar tomar un chocolate quente empregando unha cociña solar.
Unha visita moi interesante organizada pola profesora Josefa Gamarra.
Saída a Valencia
Enviado por fermin.cambeiro o Mér, 22/03/2023 - 07:50Recentemente, o alumnado de 2º de ESO do IES Plurilingüe de Ames tivo a oportunidade de visitar Valencia grazas ao traballo da profesora Tamara Vázquez. Nesta saída visitaron a Cidade das Artes e das Ciencias ou a Albufera. Deixamos a continuación algunha foto.