Skip to Content

Bacharelato e ABAU

É unha ferramenta que axuda aos estudantes para reflexionar sobre a súa maneira de afrontar o estudo.

Os resultados do Test ofrecen:

1.- Un prognóstico da nota final que obtería o/a estudante.

2.- Os aspectos que debería revisar.

3.- Orientacións personalizadas sobre como mellorar en cada aspecto.

4.- Un informe detallado sobre: as súas condicións, a súa motivación e obxectivos, as súas estratexias e a súa  autovaloración.

 

O test é gratuíto para centros educativos co código KEKIEROEDU durante o curso 2021/22.

Pode realizarse desde calquera dispositivo, ofrece o resultado inmediatamente e é anónimo (non solicita datos dos estudantes en ningún momento)

No apartado Rendemento Académico, atopará "Un método en 4 pasos", unha proposta de actuación.  

 

Nesta entrada presentámosvos toda a información dispoñible para presentarse á ABAU, elaborada e compartida pola orientadora Mónica Diz Besada, e que contén a información vixente, iremos actualizándoa a medida que vaia avanzando o proceso.

 

 

E tamén podedes consultar a información oficial publicada pola CIUGA:

Tamén tedes información dos seguintes aspectos:

 

 

 

 

A Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá encontros virtuais dirixidos ao alumnado  que queira coñecer as súas titulacións.

Os encontros levaranse a cabo durante tres días, os días 23, 24 e 25 de marzo de 2021 (martes,  mércores e xoves, xusto antes de vacacións de Semana Santa).

A través dos encontros o alumnado poderá visitar virtualmente os campus de Lugo e Santiago, interactuar por videoconferencia cos responsables da titulación e aclarar as súas dúbidas. 

Os horarios son moi variados, así que podes elixir as videoconferencias nas que desexes participar e elixir o horario que mais te conveña. Os encontros non requiren inscrición previa, só hai que conectarse á hora elixida e participar. 

A páxina web para os encontros xa está dispoñible na seguinte enlace:

 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

A través da páxina web o alumnado que se conecte encontrará a seguinte información:

  • Presentación das titulacións.

  • Opinión dos alumnos sobre a titulación.

  • Píldoras relacionadas coa titulación.

  • Unha videoconferencia para cada titulación.

  • Unha videoconferencia coa oficina de información universitaria.

  • Unha videoconferencia sobre a preinscripción e matrícula nas universidades de Galicia. 

  • Conferencias de inauguración e clausura. 

 

Para unirse aos encontros simplemente haberá que elixir a videoconferencia, consultar e decidir o horario de interese e conectarse a través da web ou mediante a aplicación TEAMS. Non se require descarga nin instalación da aplicación pois podes conectarte directamente a través do explorador.

En cada unha das videoconferencias encontrarás o enlace que te levará a conectarte. Só tes que seguir as instrucións. 

 

Agradecese á USC a organización destas xornadas e animo a todo o alumnado interesado en estudios universitarios a conectarse.  É unha oportunidade única para obter información directamente da universidade e coñecer a fondo as titulacións que ofrece. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut