Skip to Content

O xoves 15 de decembro, os alumnos de LCL de 3 de diversificación e 1 ESO manterán unha videoconferencia co autor Cesar Mallorquí. Nela terán a posibilidade de dialogar, interactuar e intercambiar opinións co autor do círculo escarlata, cuxa obra leron.

Seguindo coa formación en dixitalización dos primeiros de ESO, presentámosvos os deseños dos taboleiros de xadrez que fixeron no segundo exercicio de deseño do curso. Este exercicio serviralles para afianzar algunhas competencias dixitais no manexo do computador e para visualizar manipulando obxectos en tres dimensións como unha introdución ao deseño asistido polo computador. 

Están moi contentos cos resultados de os seus deseños en TinkerCad e nós coa súa creatividade:

 

Conferencia: “Do presente coñecido ao futuro por coñecer”

O 28 de novembro no salón de actos tivo lugar a conferencia “Do presente coñecido ao futuro por coñecer” á que asistiu o alumnado de Economía de 4º da ESO e de 1º de bacharelato e o alumnado de IAEE. Esta interesante charla foi impartida por Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora da área de educación de AFundación de Abanca e profesora de finanzas de IASIDE.

Ao longo das dúas horas de charla, a conferenciante fai un percorrido polos cambios tecnolóxicos e dixitais das últimas décadas, cambios que están transformando o noso modo de vida e que son e serán máis rápidos nos próximos anos, ao igual que a loita contra o cambio climático. 

Todos estes cambios condicionan as profesións do futuro e supoñen todo un reto para a Educación.

Álbum: Actividades Extraescolares -> Conferencia: "Do presente coñecido ao futuro por coñecer"

Este ano repetimos charla, comezamos o noso ciclo de actividades cunha conferencia sobre Ciencia de Materiais Intelixentes e as súas aplicacións grazas a Xurxo Regueira, investigador do departamento de Enxeñaría de Materiais da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, co súa conferencia "Materiais Intelixentes e Outras Curiosidades". Moitas grazas por vir.

Durante a charla, puidemos comprobar como algúns materiais teñen memoria, como poden ser soldados por explosión ou como hai fluídos con propiedades magnéticas que poden usarse en amortecedores intelixentes nos coches. Todo interesantísimo. 

 

Aquí tedes as actividades que se realizarán durante esta seman de Samaín: 

 

 

 

As clases impartiranse de xeito normal, a excepción dos cursos que irán ó salón de actos para asistir á proxección de curtametraxes de terror, no seguinte horario:
 
11:00 - 11:50 horas - 1º ESO
 
11:50 - 12:40. horas - 2º ESO
 
13:00 - 13:50 horas - 3º ESO
 
13:50 - 14:40 horas - 4º ESO
 
 
O alumnado pode vir disfrazado , sempre que non traia obxectos perigosos, non interrumpa o normal desenvolvemento das clases e non bote ningún tipo de substancia: fariña, ovos, etc.

 

Accións polo clima

Este curso traballaremos diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que naceron en 2015 na reunión anual de Nacións Unidas, onde se converteron nunha folla de roteiro para o mundo enteiro.

O primeiro que traballamos foi o ODS 13: Acción polo clima en dúas accións:

1.- Colaborando con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) na campaña de limpeza de praias co alumnado de Secundaria Obrigatoria na "XI limpeza simultánea de praias" durante o día 14 de outubro.

2.- Traballando como exercicio inicial de deseño en 1º de ESO a reutilización de obxectos de plástico para darlle "Unha segunda vida a unha botella de plástico" na materia de Tecnoloxía e Dixitalización.

Aquí podedes ver os resultados: 

 

Álbum de limpeza de praias:

 

Álbum: Actividades Extraescolares -> Accións polo clima 2022
Durante esta semana, Susana Vázquez e Rocío Pérez, dúas profesoras do instituto participan nun curso de formaciòn de inglés en Malta. O curso está incluído dentro das actividades do proxecto Erasmus: "Designing inclusive spaces at school", no que participa o IES A Basella xunto con outros centros de Galicia, Portugal, Italia e Turquía.
 
 
 
Este ano comezamos forte, o departamento de lingua castelá organizou un concurso de Visual Thinking en 1º de ESO para ver a riqueza lingüistica que ten España e xa temos traballo gañador:
 
 
 
Gañadora do concurso de Visual Thinking sobre A Diversidade Ligüística:
DANIELA PEÑÍN CARRO (1º ESO A).
 
Distribuir contido


by Dr. Radut