Skip to Content

Viaxe de fin de etapa a Tenerife

 

Como viaxe de fin de etapa de 4º de ESO fomos a Tenerife, alí, ademais de gozar dun bo clima, puidemos ver moitas cousas novas para nós:
Comezamos visitando o museo de arte contemporánea Eduardo Westerdahl (MACEW) que representa unha oportunidade única de coñecer a arte do século XX en Canarias, xa que conta con obras de Óscar Domínguez, César Manrique, Manolo Millares ou Pedro González. Así mesmo, dispón de obras de prestixiosos pintores non insulares como Wolfgang Paalen, Angel Ferrant ou Eduardo Úrculo.
.

Seguimos cun avistamento de golfiños e falsas candorcas na zona do acantilado de Los Gigantes.

 
Outra visita interesante foi o observatorio de Izaña que ten o IAC (Instituto de Astrofísica de Canarias), alí explicáronnos como se traballa en astrofísica e os proxectos que distintos países teñen nos seus telescopios. Tamén puidemos ver o Sol coas súas manchas solares a través dun telescopio.
 
 
 
Non podía faltar unha visita ao Teide e ao llano de Ucanca e, como final da viaxe, o Loro Parque cos seus espectáculos de animais e o Siam Park onde puidemos montar en todas as atraccións.

 

 

 
Tedes todas as fotos no seguinte álbum:

 

Álbum: Actividades Extraescolares -> Viaxe a Tenerife

O alumnado de TIC de 4º de ESO estivo a experimentar cunha aplicación que usa intelixencia artificial (IA) para animar fotografías. Vede como estas interesantes científicas nos contan a súa traxectoria en galego

As nosas profesoras Susana e Celia asisten con compañeiros do CFR de Pontevedra, IES Montecelo, CEE Pontevedra, CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas a un curso en Viseu "Inclusive spaces and inclusive schools".

Está a ser unha visita proveitosa da que seguro virán con ideas para aplicar no noso centro.

Explicacións propostas

 

 

Para seguir toda a actualidade do programa e acompañarnos durante estes 21 días non deixedes de visitar o blog do programa premendo na seguinte imaxe:
 
 Calendario
 
 
Novas:

Ao sermos o centro protagonista dos 21 Días co galego e + fixéronos unha entrevista na Radio Galega. Podedes escoitala nesta ligazón:

Galicia por diante

Este é o noso primeiro vídeo:



 
 
 
 
Acto de inauguración
 
Este martes inauguramos no IES A Basella o programa “21 días co galego e+”. O Salón de Actos converteuse nun estudo de radio para presentar o reto para aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego e reflexionar sobre a relación que cada persoa temos coa lingua. Houbo música, entrevistas, compromiso…
 
Podedes escoitalo nesta ligazón:
 
 

 

Para ver o álbum de fotos do evento premede na seguinte imaxe:

 

 

Día mundial da radio

 Hoxe, no día mundial da radio, o IES A Basella aporta o seu feixe de paixón e bo facer con estes dous programas.
 

 

 

Presentámosvos o novo club de programación e robótica "Game Over", se estades interesados en formar parte estaremos tódolos martes no segundo recreo e os xoves no primeiro na aula de Polos Creativos

 

En primeiro de ESO empezamos a programar dunha maneira sinxela, e por iso publicamos esta felicitación do Nadal en Scratch, feita por Nuno Hoffmann Penide de 1º ESO B. Premede na bandeiriña verde e sobe o volume

 

O alumnado de Economía de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e o alumnado de IAEE de 4º, participou o 20 de decembro nunha charla-coloquio con D. Santiago Fernández e D. Manuel Barbosa, empresarios e membros de CIMO.org, entidade de utilidade pública sen ánimo de lucro.

 

Comezou a charla cunha exposición dos inconvintes e as vantaxes de desenvolver unha iniciativa empresarial para, seguidamente falar da experiencia persoal de creación e desenvolvemento dunha empresa de éxito, unha aprendizaxe motivadora e interesante que de seguro dará que pensar ao alumnado e axudará a orientar o seu futuro profesional.

 

Visita a FINSA dos alumnos de Economía

 

O día 13 de decembro os alumnos de economía de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato, xunto con dúas profesoras, realizaron unha visita ás instalacións de FINSA en Padrón, facendo un percorrido pola fábrica con explicacións detalladas das distintas fases do proceso productivo, comercial e loxístico da mesma. Nesta visita tamén tivemos unha interesante charla na que puidemos coñecer mais esta multinacional galega, desde a súa orixe ata o proceso de crecemento continuo que fai que na actualidade estea presente en 83 países. Ao longo da charla explicaron as características dos perfis profesionais, en canto á formación e tamén a habilidades transversais, que demandan para os seus traballadores. Con esta visita búscase orientar ao alumnado na realidade laboral a que van a ter acceso nos vindeiros anos.

Álbum: Actividades Extraescolares -> Visita a FINSA

Árbores de Nadal

Os alumnos de francés de 3° da ESO quixemos colaborar coa decoración de Nadal, facendo a actividade «Nous sommes égaux, nous sommes différents » (Somos iguais, somos diferentes).

Fixemos estas árbores con moito amor, mais sobretodo con materiais de refugallo.

Álbum: Actividades Extraescolares -> Árbores de Nadal
Distribuir contido


by Dr. Radut