Skip to Content

Admisión Curso 2023/24 doc base

 

 

 

ABERTO PROCESO DE ADMISION DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PUBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

PRAZO: 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

MODOS: Pódese facer a través dos seguintes modos:

- A través da aplicación “admisionalumnado

- No centro de primeira opción, cunha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.

DOCUMENTACIÓN:

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

- Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.

- Sentencia xudicial de separacion ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

SE O NÚMERO DE SOLICITUDES É SUPERIOR AO DE PRAZAS, PRESENTARASE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO ENTRE O 24 DE MARZO E 6 DE ABRIL.

 

1º da ESO

novo

Importante  

Admisión

1º de ESO

(non activo aínda)

 

Baremación

(non activo aínda)

Aplicación 

Admisiónalumnado

 

Manual da aplicación de

Admisiónalumnado

 

Calendario do proceso de

admisión: Prazos

 

Resolución sorteo

de letras baremación

(non activo aínda)

 

 

Admisión e baremación

1º de Bacharelato

(non activo aínda) 

Vacantes ofertadas

polo centro 

(non activo aínda)

 

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 22/23- PRAZOS

  • 11 de xaneiro ao 8 de febreiro: reserva de praza no centro de orixe.
  • 25 de febreiro: data máxima publicación taboleiro asignación/solicitude admisión reserva praza centros adscritos.
  • 28 de febreiro data límite  para a publicación de vacantes. 
  • 1-21 de marzo: presentación da solicitude de admisión.  
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. 
  • Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. 
  • Antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: pendente de confirmar.

 IMPORTANTE

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

 

 



page | by Dr. Radut