CANDEAS DE ADVENTO

 

O Advento é o primeiro período do ano litúrxico cristián. Abarca os 22 ou 28 días anteriores ao 25 de decembro cando se celebra o nacemento de Xesús.

Para os cristiáns é un tempo de preparación para a celebración do Nadal. Durante este período existe a tradición de colocar tanto nas casas como nas igrexas unha coroa feita con ramas verdes á que se lle pon catro candeas, unha por cada domingo de Advento.

Este adorno ten a sua orixe nunha tradición pagana europea procedente do norte, que consistía en prender candeas durante o inverno para representar ao lume do deus sol, para que regresara coa sua luz e calor durante o inverno.

Os primeiros misioneiros que chegaron ao norte de Europa aproveitaron esta tradición para evanxelizar ás personas. Partían das suas costumes para ensinarlles a fe católica.

A partires de aquí esta costume se foi xeralizando no mundo cristián e chegou ata os nosos días. Os nenos e nenas do CRA quixemos este ano participar desta tradición  e fixemos as nosas candeas de Advento. Este foi o resultado:

3- 4 ANOS

 

5 ANOS

 

1º CICLO

Que vos parecen? Esperamos que vos gusten moito, se queredes ver máis candeas e o ben que o pasamos facéndoas, a continuación tedes a galería de imaxes da actividade:

 


Bueno pois isto foi o que fixemos os nenos e nenas de Relixión do CRA para celebrar o tempo do Advento neste curso tan especial no que andamos de festa en festa. Moitos biquiños e ata á próxima!