O terrazo da casa de Anxo.

Ola, son Anxo, e queríavos contar que, dende o terrazo da miña casa, desfrutamos dun anaquiño de mar. Vese coma unha lagoa, arrodeada de monte e ó fondo a Illa de Arousa. É bonito ver o mar dende alí cando se pon Lourenzo. No verán gústame ver a lúa reflectida no meu anaquiño de mar... Aquí están meu irmán Iago e meus amigos Noel e Raúl, cos que compartín esta fermosa vista.

Agora compártoa convosco tamén.