Marco no Río da Grenla.

Ola, chámome Marco e este é o meu último curso na Escola de Abuín. Este curso estamos a levar a cabo un obradoiro fotográfico titulado "IMAXES MARIÑAS". Decidín fotografar a desembocadura no mar do Río Grenla porque é un lugar que me gusta moito. Ten unha ponte estreitiña de madeira e ás veces paso por aquí montado en bici e acompañado polos meus curmáns. Na foto vense dous veleiros e ademáis, xusto na desembocadura pódense avistar anguias, troitas e rás.