Plan Proxecta 2017-2018

VISITA VETERINARIO "LOW COST"

Os nenos de 3 anos A, acudimos a facer unha visita a unha clínica veterinaria próxima ao noso centro. Explicáronnos moitas cousas sobre os animais: como lle fan radiografías, póñenlle vacinas, opéranos… e puidemos ver un gatiño que estaba en observación.  Gustounos tanto a experiencia, que todos queriamos ser veterinarios, polo que creamos un recuncho na aula para poder xogar a ser veterinarios.

VISITA RÉPTILES

Grazas a colaboración do Concello de Salceda, puidemos acudir a unha exposición de réptiles, onde nos explicaron un pouquiño as súas costumes, o que máis lles gusta comer, os seus nomes, e os seus países de orixe. Foi mo divertido

MANUALIDADE DUN COELLO

Elaboramos unha manualidade moi sinxela , un coello, que aproveitaremos para levar na celebración de Pascua.

COÑECEMOS A CUCÚ

Acudimos a outra aula do centro para coñecer a Cucú, un coello moi tranquilo e cariñoso.

TALLER DE MAQUILLAXE

Realizamos un taller de maquillaxe, donde cada neno e nena elixe un animal do que se quere caracterizar. Os máis elexidos foron; gato, can, coello e paxaro.

ELABORAMOS UN LAPBOOK

Ao longo de varias sesións estivemos trallando distintos contidos sobre os  animais e ao final cada neno e nena elaborou un lapbook co que poderá xogar e disfrutar.

 

RESCATE DE MASCOTAS

En ocasións, aínda que coidemos moito ás nosas mascotas, poden xurdir accidentes. Hoxe perdemos aos nosos animais é temos que ir a rescatalos para levalos de volta á casa. 

CRUCIGRAMA E DOMINÓ

ANIMAIS CON NÚMEROS

PUZZLE DE ANIMAIS

Distribuir contido

Back to top